O Vive Nigrán salva as adversidades cun evento cheo de enerxía positiva
A V Edición do Vive Nigrán tivo lugar entre o xoves 15 e o sábado 17 da pasada semana, con tres días de música e gastronomía ao completo. A pesar de que os concertos de Walls e Ginebras non puideron levarse a cabo, o festival mantivo todo o seu espíritu con novos artistas que arrouparon ao público de ritmo e boa enerxía.
O campo de fútbol de Montelourido resultou o espazo idóneo para reunir ao público asistente. Dividido en dous, contaba cunha zona de asentos xunto ao escenario mantendo a distancia de seguridade e outra rodeada de foodtracks e postos de bebidas para tomar un pinchos baixo as sombrillas ou cear chegada a noite.
O xoves arrancaron o festival Cedecé, Verto e Locoplaya, unha noite chea de bo ambiente e temas estivais. Cedecé conseguiu estar á altura da situación reemplazando a Walls cunha improvisación en directo incluindo na letra obxetos que se tiñan a man no festival: móbil, vasos, sombreiros, cámaras ou mesmo crema solar. Os seguintes en subir ao escenario foron Verto, que regalaron aos fans en primicia un novo tema. O bo tempo e a cercanía do grupo levou ao público a estar “nunha nube”, tal e como relata o seu tema ‘Como son Goku’. Locoplaya foi o encargado de poñer fin á noite nun espectáculo cheo de cores, gafas de sol e pistolas de auga. Eles cantaban e o público respondía con rimas. A modo de despedida, o grupo aproveitou para regalar camisetas do seu merchansiding ás persoas que estiveran de aniversario durante os días de festival.
A noite do venres daba comezo con Babykatze sobre o escenario. Acompañada de sintetizadores e samplers, a artista cantou os seus novos temas electrónicos. Poco despois chegaba o turno de Natalia Lacunza, que foi recibida cunha gran ovación dos seus fans. A cantautora tocou temas do seu primeiro disco como Nana triste pero tamén os seus últimos proxectos. O Vive Nigrán estaba cheo de calma e maxia, co público encendendo as lanternas no seu móbil para acompañar aos temas e a posta de sol regalando unha estampa impagable de cores laranxas e azuis.
O último día do festival presentouse ao público cunha sesión dobre (matinal e nocturna) e o aforo completo. As entradas do sábado para Sidecars esgotáronse cunha rapidez sorprendente. Pola mañá Shinova e Mounqup fixeron brincar ao público a pesar do intenso sol, obrigando aos asistentes a ter consigo un sombreiro de palla e unha bebida ben fría. O grupo vasco de coñecidos temas como ‘Volver’ foi despedido entre aplausos de todas as persoas do concerto en pé, pedindo que no futuro pasaran novamente por Galicia. Horas despois, xa de noite, as colas á entrada do festival anunciaban o concerto de Sidecars. Para seguir as normas sanitarias impostas e manter a seguridade e a distancia entre o público, a organización do festival acompañou a cada unha das persoas ata o seu asento e conseguiu organizar aos asistentes en pouco tempo. Tanto foi a afluencia que parte das foodracks tiveron que parar a venda de produtos durante un cuarto de hora para dirixirse ao almacén e repoñer os alimentos. Con máis de dúas horas de concerto, Sidecars aproveitou para facer un percorrido por toda a súa discografía. Soaron desde os temas máis íntimos ata os máis comerciais sobre “o escenario máis bonito no que estivemos nunca”, segundo Juancho, o vocalista do grupo. O evento rematou cos espectadores bailando desde as súas cadeiras ao ritmo da música e pedindo máis cancións, quea banda madrileña fixo realidade por dúas ocasións.
Entre a gastronomía ofrecida no recinto destacaron as hamburguesas, os tacos, as patatas fritas e os xeados. Os tacos e as quesadillas mexicanos de Chac Mool causaron sensación, que os poderá volver a desfrutar na Regata no Náutico, en agosto. Os produtos veganos de La Vanetta deixaron aos consumidores con apetito de máis, que tras tomar unha hamburguesa volveron ao posto a probar os brownies de chocolate. Estas delicias volverán estar presentes en novos concertos durante o verán, como no NigranJazz, que se celebra o venres 30 e o sábado 31 deste mesmo mes no parque de A Foz, Nigrán.
Sabela Álvarez
Últimos posts de Sabela Álvarez (ver todos)
- A Fonsagrada chega ao festival de Cans coa curta ‘O que queda de nós’ - 31 Agosto, 2021
- Plans á Redonda: o espazo de Tía Estébana - 30 Agosto, 2021
- Chicho (Boyanka Kostova): “A música non é máis que sons que andan por aí ciscados.” - 25 Agosto, 2021
- Dafne Míguez: “María Pita tiña moi claro o que era seu, o que quería e o que lle pertencía” - 19 Agosto, 2021
- Cimafunk: “Gran parte do que fago provén da miña crianza, das raíces e os ritmos cubanos” - 5 Agosto, 2021