Practica o equilibrio con Surf Vigo
Surcar as augas sobre unha taboa é posible grazas a Surf Vigo, unha empresa especializada en paddle surf que ofrece un amplo abano de actividades que compinan o paddle co ioga, o mergullo ou incluso os paseos caninos. Un xeito diferente de gozar do mar con amigos mentres fas deporte para o que non é preciso ter experiencia previa.
Ángel García levaba unha década practicando e ensinando surf cando coñeceu a variante stand up paddle surf, é dicir, surf de remo: un deporte de orixe hawaiano que permite desfrutar dunha xornada de exercicio no mar adaptada a todos os públicos, pois a esixencia física é moito menor que a doutros deportes acuáticos e o avance moito máis rápido e satisfactorio. A pesar da súa sinxeleza, o experto e fundador de Surf Vigo apunta que se trata dun exercicio moi completo, no que se traballan os brazos ao remar, pero especialmente o core e os cuadríceps ao manter o equilibrio, isto faino moi beneficioso para persoas de calquera idade.
Surf Vigo foi a primeira empresa en Galicia en contar cunha flota de táboas en alugueiro e cursos para aprender desde cero ou vivir unha experiencia diferente. O seu fundador conta que daquelas supuxo unha inversión e un risco altos, pois o escaso coñecemento que había hai case dez anos deste deporta facía que os materiais fosen caros e o público escaso. A súa localización é inmellorable para aprender con calma, a escasos metros da praia de Bouzas, onde o espigón crea unha balsa de augas tranquilas, resagardadas das ondas e o vento.
O servizo más demandado en Surf Vigo son as travesías desde Bouzas ata a praia de Alcabre ou o Museo do Mar; pero a oferta a súa oferta é sorprendentemente variada e é posible combinar o equilibrio sobre a táboa con outras actividades, como o esnórquel, o ioga ou o paddle de ondas, unha modalidade que se asemella ao suf de toda a vida e que require dun nivel avanzado sobre a taboa. Tamén podemos apuntar ao noso can para que suba abordo con nós!
Rúa de Santa Ana, 9, baixo (Bouzas)
698 18 22 87
contacto@surfvigo.com
@surfvigopaddle
Paula Cermeño
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- A quen queres ver en Castrelos en 2025? - 22 Novembro, 2024
- Beldade: cociña de autora en Tui - 22 Novembro, 2024
- Stoned at Pompeii, Compañía Ártika e Fran Sieira esta fin de semana en Vigo - 21 Novembro, 2024
- Batalla de bocatas en As Cunchas: ‘Friends’ ou ‘The Bear’? - 20 Novembro, 2024
- Sukha Funk evoluciona: máis vegano e a domicilio - 18 Novembro, 2024