CAMELIAS MASCOTAS

O Barbeira Season Fest reúne a 18 artistas en tres días

Esta mañá organizadores e patrocinadores do Barbeira Season Fest presentaron a terceira edición deste evento que por segundo ano consecutivo terá lugar na península de Santa Marta en Baiona. Será o único festival galego que en tres xornadas consiga reunir a dezaoito artistas locais, galegos e nacionais.

REVISTA NOVEMBRO
O Brand Manager de Mahou, Hugo Perez; a concelleira de Cultura de Baiona, Miriam Mar Costas; o director do Barbeira Season Fest, Isaac Gómez, ; e a Delegada da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández Tapias presentaron esta mañá o evento na Península de Santa Marta | Foto: Eva Fernández

A terceira edición do Barbeira Season Fest xa está aquí. Os días 27, 28 e 29 de agosto terá lugar unha chamada á música na Península de Santa Marta, en Baiona. O festival, ligado ao camiño de Santiago na ruta portuguesa da costa, volve cunha morea de artistas invitados (locais e nacionais) para retomar un ano máis e xuntar a todo o público a través da cultura. Baiuca, Viva Suecia, Ladilla Rusa, Confeti de odio, Mujeres, Basanta, Tronco, Laborde, Los Marcianos, Aiko El Grupo, Carlota, Malamute Chef Creador, Marcelo Criminal, Valdivia e La Claridad encabezan as listas, aos que se suman os grupos galegos Kings of The Beach e Moura a través do Vibra Mahou, A Fundacion Paideia e o EOI para promover o talento emerxente. 

O concerto de Baiuca do venres 27 de agosto será de balde para o público no marco do programa Musigal da Deputación de Pontevedra en colaboración co Concello de Baiona, pero será preciso reservar as entradas a través da páxina web para manter as medidas de aforo impostas pola situación sanitaria. Para acceder ao resto dos concertos será necesario facerse cun abono para os dous días de evento, xa que debido as limitacións de público, a organización non contempla a posibilidade de vender entradas por día. Estes abonos poden adquirise a través da devandita web ou ataquilla.com.

Unha vez máis, o Barbeira continúa na súa liña promovendo valores ecolóxicos e cunha localización idílica, rodeado de praias paradisíacas e con espectaculares vistas de toda Baiona. Música, Xacobeo, cultura e gastronomía xúntanse nun evento apto para todos os públicos. Desde o Concello de Baiona chaman á responsabilidado e o “sentidiño” có uso de mascarillas e o cumprimento de todas as normas estipuladas para que o público poida disfrutar da música, e invita a ser partícipe desta terceira edición do festival que marcará un antes e un despois e conseguirá situarse nas listas dos principais festivais a nivel autonómico.