REVISTA ABRIL

Últimos días para mercar a prezo reducido o abono do Barbeira Season Fest

O 1 de xuño o Barbeira Season Fest, o festival de música que se celebrará en Baiona do 31 de agosto ao 4 de setembro, subirá os prezos dos seus abonos, polo que estamos na recta final para adquirilos a 40€, ou a 25€ as entradas de día. Xa se poden comprar nesta ligazón e, empregando o código: AMOVIDA, recibiredes 5€ de desconto no abono do festival.

REVISTA ABRIL
Unha das actuacións do Barbeira na última edición | Barbeira Season Fest

A falta de coñecer uns poucos artistas por confirmar, xa sabemos o cartel por días da edición máis ambiciosa do Barbeira Season Fest. O xoves día 1 de setembro comezará a notarse xa toda a potencia do cartaz desta edición con León Benavente, Carolina Durante, Bala, Anabel Lee e Señora DJ. O venres día 2, o prato forte será o Concerto Vibra Mahou que traerá a un novo cabeza de cartaz aínda por desvelar, e que subirá ao escenario no que tamén estarán La Habitación Roja, Morreo, Diamante Negro, Emilia, Pardo y Bazán y DJ Moderno. Para o sábado 3, a organización ten preparada unha noite na que as mulleres serán as protagonistas: Zahara (único concerto en Galicia dentro da xira ‘La puta rave’), Maika Makovski, a portuguesa Capicúa e as bandas emerxentes, Cora Yako, Miniño, Estrella Fugaz, Tú peleas como una vaca, Marta Movidas, DJ Moderno e EME DJ. O domingo día 4, para pechar esta edición, a organización ten previsto unha mañá emocionante coa “Romaría Punk by Rei Zentolo” e a actuación de Capitán Trasho, Señora DJ, Habitación Vudú e un grupo galego que polo momento manteñen en segredo.

Moi pronto desvelarán outras actividades paralelas máis aló das musicais, como deportes marítimos, catas gastronómicas ou o Hotel máis pequeno do mundo. Iniciativas que prometen revolucionar aínda máis un festival que en moi poucos anos viviu un gran crecemento malia as circunstancias climáticas e sanitarias. Este ano propón unha edición de cinco días, que comeza o mércores 31 de agosto coa xornada inaugural (aínda por confirmar quen actuará) e rematará o domingo 4 coa xa mentada Romaría Punk.

Agora que o público xa coñece o cartaz por días do festival e que os abonos están a piques de subir de prezo, pódese mercar na súa web as entradas por xornada, a 25 euros, ou o abono para desfrutar da experiencia Barbeira na súa totalidade (40 euros) introducindo o código AMOVIDA, recibiredes un desconto de 5€ no prezo do abono.