O Calvario alberga unha xincana sobre as Letras Galegas
Desde a Asociación de Comerciantes e Empresarios do Calvario organizan unha xincana para crianzas de entre 6 e 13 anos co fin de promocionar, potenciar e dinamizar o comercio local. Terá lugar ata o 25 de xuño en diferentes establecementos da zona, onde os nenos e nenas terán que responder adecuadamente as preguntas que alí atoparán.
Baixo o nome ‘Adiviñar e atopar o que no Calvario podes mercar’, a Asociación de Comerciantes e Empresarios do Calvario propuxo o pasado outono unha busca do tesouro polos comercios do barrio. Este ano, con motivo das Letras Galegas, iniciaron a finais de maio unha xincana que leva por título ‘Letras galegas, quen tras elas?’. Nela poderán participar nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 e os 13 anos ata o 25 de xuño, data límite da actividade.
O funcionamento é ben sinxelo: consiste en percorrer os establecementos colaboradores e a Biblioteca Municipal Xosé Neira Vilas, e responder correctamente as cuestións expostas situadas nun lugar visible do comercio. Cada adiviña revelará o nome dun litarato galardoado no Día das Letras Galegas. Unha vez respondidas correctamente todas as cuestións, os participantes deberán depositar a papeleta nunha urna instalada na sede da Asociación, situada na rúa San Roque, 109, interior local 14.
Entre todas as papeletas realizarase un sorteo o 28 de xuño no que o gañador levará un dispositivo informático de última xeración, un lote de libros, un carné VIP para a Biblioteca Neira Vilas e a oferta Come e bebe sin límites do Domino’s Pizza. Para máis información consultar a páxina de Facebook do Calvario CCA, onde actualizarán A continuación podes consultar os locais asociados: