VIALIA
bannerPicnicSesions

O Calvario propón unha búsqueda do tesouro nos seus comercios

Baixo o nome “Adiviñar e atopar ou que no Calvario podes mercar”, a Asociación de Comerciantes e Empresarios do Calvario propón esta actividade desde o 5 de outubro ata as 19:00 do 26 de outubro. Esta gymkana tan divertida vai dirixida os nenos e nenas entre 6 e 12 anos, percorrendo 16 establecementos do barrio e a biblioteca Xosé Neira Vilas, adiviñando a que tipo de artigo ou produto refírense as pistas indicadas visibles no escaparate.

REVISTA ABRIL

No Calvario existen unha gran variedade de establecementos comerciais especializados nos que atopar aquel artigo ou produto que buscas. Por iso, desde a Asociación de Comerciantes e Empresarios do Calvario (ACECA) organizan esta actividade tan peculiar para seguir construíndo barrio nestes tempos tan incertos para o pequeno comercio.

A iniciativa consiste nunha gymkana na que nenos e nenas entre 6 e 12 anos deberán adiviñar o artigo ao que se refire a pista situada no escaparate de cada local participante. As crianzas levarán consigo unhas papeletas que irán enchendo a medida que adiviñen estes produtos. En total o circuito está formado por 16 establecementos comerciais de todo tipo máis a Biblioteca Xosé Neira Vilas.

Os cativos que completen todos os ocos antes do 26 de outubro ás 19:00, entrarán nun sorteo no que poderán gañar unha tablet, un lote de libros máis un carnet VIP da Biblioteca Neira Vilas e o menú come e bebe sen límites xunto con cinco amigos no Domino’s Pizza. As papeletas poden descargarse na web de ACECA, no seu local no Calvario ou en calquera dos establecementos participantes.