Cociñeiros galegos crean receitas con sabor a Nós
Admitámolo, (case) todos somos culpables de pasar maís tempo na cociña desde que se iniciou a pandemia. Unha vez collida a base e o ritmo, aproveitemos a inercia para experimentar con novas técnicas e novos ingredientes, como as Cervexas Nós. Pero non de calquera xeito! seguindo as receitas que cada día proporán 16 reputados cociñeiros de toda Galicia entre o 8 e o 21 de febreiro.
Os de Cervexas Nós non paran nin en tempos de pandemia. Que traen entre mans esta vez? Pois un proxecto chamado Con sabor a Nós, no que 16 reputados cociñeiros e hostaleiros galegos elaborarán unha receita utilizando esta marca de cervexas. Unha forma práctica e orixinal de demostrar a calidade dos produtos e a tradición gastronómica que temos en Galicia.
Esta iniciativa terá lugar desde o pasado luns 8 ata o 21 de febreiro, 16 días seguidos de receitas que irán subindo ás redes tanto da marca (@cervexanos) como dos profesionais da cociña. Cada un deles poderá escoller o tipo de cervexa que crea conveniente entre o amplo abano de posibilidades que oferta Nós. Queres coñecer aos protagonistas?
-Gerson Iglesias: Fucking brownie
Fundou Ruxe Ruxe en Vigo e foi xefe de cociña de Adega das Caldas e o hotel OCA Vila de Allariz (Ourense). Actualmente é colaborador no programa da TVG “Come a comarca”.
– Bianca Coura: La cigala y su isla
Propietaria e chef do restaurante Glabistro en Ourense.
– Juan Carlos Perret: receita por confirmar
Propietario e chef do restaurante peruano KERO en Vigo. (Recomendado Guía Michelín). Formouse nas cociñas de Gastón Acurio e Martín Berasategui.
– Alejandro González: Ostras da viúva
Propietario e chef de Regato de Valdecide en Mondariz Balneario. Estivo en cociñas como Zuberoa no País Vasco.
– Francisco Domínguez: receita por confirmar
Propietario e chef de Pacífico, en Ourense. Bib Gourmand (Guía Michelín)
– Alén Tarrío: Empanada de polbo
Propietario e chef de Pampín, en Santiago de Compostela. Bib Gourmand (Guía Michelín).
– Gabi Conde: Vieira flamanda
Propietario e chef de Portovello Auria, en Ourense.
– Luis Romaní: Focaccia de polbo
Cociñeiro da vinoteca Sybaris 2.0.
– Diego Novas: receita por confirmar
Fundou o Barrabasada en Vigo e agora prepara take aways en Chobuniesfood
– Sara Pequeno: brownie de Orixinal
Propietaria de Ms Robinson en Vigo
– Raquel Ogando: receita por confirmar
Cociñeira de Lume de Carozo, en Vigo
– Carlos J González: Jabalí coa Fuck 2020
Propietario e chef do Merenzao en Sober e do recén inaugurado Monfortino, en Vigo.
– Anxo Trives: receita por confirmar
Propietario e chef do Hostal La Viúda, en Trives
– Javi Vaqueiro: salchichas coa Nós Lager
Propietario de Vaqueiro Carniceros, unha carnicería do mercado do progreso. Elabora unha salchicha con esta cervexa sen glute.
– Andrés Medici: receita por confirmar
Propietario e chef do PurOsushi, en Vigo.
– Martín Sousa: receita por confirmar
Propietario e reposteiro da Confitería Milhojas en Ourense.