As bibliotecas viguesas celebran o seu día
A Biblioteca Juan Compañel e a Xosé Neira Vilas celebran a semana das bibliotecas con diferentes activididades para dara a coñecer os seus servizos e instalacións e fomentar o hábito lector en pequenos e maiores. Aínda que o Día das Bibliotecas se celebra o 24 de outubro, a programación exténdese desde hoxe ata o 7 de novembro.
Desde 1997 celébrase en España el “Día de las ibliotecas. Así, en castelán, porque non foi ata o 2003 que a efeméride saiu de Madrid para pasar a celebrarse tamén nas diferentes comunidades autónomas. Aquí é GALIX, a Asociación do Libro Infantil e Xuvenil quen se encarga de dinamizar as actividades do 24 de outubro co obxectivo de atraer público adulto e infantil e involucrando no proceso a escritores, traductores, deseñadores, ilustradores, editores e, por suposto, bibliotecas e bibliotecarios.
As dúas bibliotecas viguesas celebran o seu día, dentro das posibilidades que a situación Covid lles permite, con distintas actividades:
A Biblioteca pública de Vigo Juan Compañel comezou a celebración o mércores 21 cun encontro entre os lectores e a escritora Ledicia Costas. Os festexos cantinúan o venres 23 cando o centro, ubicado na rúa Rúa Joaquín Yáñez, 6, celebra unha xornada de portas abertas con visitas guiadas ás súas instalacións ás 12:30 e 18:00.
O sábado 24 a contacontos Marisa Irima fará rir, contar e cantar aos pequenos da casa coa contada “Un mostro na biblioteca?”. Para asistir, é preciso inscribirse no teléfono 886 120 445.
A semana das bibliotecas coincide coa XX semana da lingua italiana no mundo polo que a Biblioteca adeicará unha parte da súa programación ao coñecemento desta lingua, os seus autores e tamén as súas bibliotecas: haberá narracións orais en italiano xoves e venres ás 18:00 e sábado ás 10:30. Ademias instalaranse dúas exposicións: ata o 28 de outubro, na planta baixa da biblioteca, poderemos ver Bibliotecas italianas. Do 19 de outubro ao 7 de novembro unha mostra de Libros ilustrados infantís italianos estará aberta ao público.
Por outra banda, a Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas ten organizado para o vindeiro luns un encontro entre cativos desde oito anos a escritora Ledicia Costas e o ilustrador Víctor Rivas. Será o luns 26 de outubro apartir das 18h con asistencia gratuíta previa inscrición en 986 267 759 bpneiravilas@vigo.org