CAMELIAS MASCOTAS

Presentada a tempada de música clásica no Teatro Afundación

Xa está á venda os abonos para a súa nova Tempada de Música Clásica organizada en colaboración coa Sociedad Filarmónica de Vigo que se desenvolverá de outubro a decembro no Teatro Afundación. Inclúe tres concertos a cargo da Real Filharmonía de Galicia, baixo as batutas de Maximino Zumalave e Paul Daniel, e outros tres de agrupacións tan prestixiosas como Zoar, Ecléctica Ensemble e o Cuarteto de Corda Schubert, pertencentes á Orquesta Sinfónica de Galicia.

Abrirá a programación a Real Filharmonía de Galicia con Ellinor D’Mellon ao violín o 16 de outubro. O recital consistirá na interpretación de dúas pezas de Max Bruch, Concerto para violín en sol m núm. 1, e Franz Schubert, Sinfonía en si m. Zoar, da Orquesta Sinfónica de Galicia, estará o 22 de outubro no Teatro Afundación Vigo nun concerto con obras de Schumann e Bizet, Escenas infantís e Xogos infantís, respectivamente.

REVISTA NOVEMBRO

O 12 de novembro será a quenda de Ecléctica Ensemble, tamén da Orquesta Sinfónica de Galicia. Interpretarán Preludio á sesta dun fauno, de Claude Débussy, e a Sinfonía núm. 4, de Gustav Mahler. A batuta de Paul Daniel dirixirá á Real Filharmonía, acompañada polo violín de Matthiew Arama, o 27 de novembro, nun recital de obras de Aaron Siebert (unha obra encargo da RFG), Einojuhani Rautavaara (Canticus articus) e Jean Sibelius (Concerto para violín en re menor).

O 3 de decembro, a Orquesta Sinfónica de Galicia estará representada polo Cuarteto de Corda Shcubert, que se dará cita no escenario do Teatro Afundación para ofrecer a súa interpretación do Cuarteto de corda en fa menor número 6, de Felix Mendelssohn; o estreo de «Intermezzo e escena» da Tribuna, de Gabriel Bussi; e O cuarteto de corda en fa maior, de Antonin Dvořáck.

O último concerto da tempada estará protagonizado por Paul Daniel dirixindo a Real Filharmonía de Galicia, o 11 de decembro. A agrupación interpretará Within her arms, de Anna Clyne; Sinfonía pastoral, de Brett Dean; e a Sinfonía número 6 en fa maior, de Ludwig van Beethoven.