bannerPicnicSesions

Xa á venda os abonos para a nova Tempada de Música Clásica con Afundación

Afundación e a Sociedade Filarmónica de Vigo presentan a nova tempada de Música Clásica que dará comezo coa ópera Suor Angelica de G. Puccini. Este evento terá como protagonista á Orquesta Sinfónica de Galicia, a Real Filharmonía de Galicia e Orquestra de Cámara de San Petesburgo.

Banner A Movidiña
Sinfónica de Galicia

Todos os concertos da nova Tempada de Música Clásica terán lugar de setembro a decembro no Teatro Afundación de Vigo ás 20:00. O primeiro concerto da tempada será o 30 de setembro coa ópera Suor Angelicia interpretada por Beatriz Díaz, Belén Elvira e as voces femininas de Vox Stellae.

O 9 de outubro a Orquestra Sinfónica de Galicia dará o seu primeiro pase dirixido polo violinista David Grimal e lle continuará o 17 de outubro a Orquestra da Cámara de San Petesburgo, dirixido por Juri Gilbo. O mes rematará coa actuación da Real Filhrmonía de Galicia, acompañada de Mijail Jurowski e Ellino D’Melon o 30 de outubro.

Para rematar a tempada, o 20 de decembro a Orquestra Sinfónica de Galicia ofrecerá o segundo recital dirixido polo pianista Dima Slobodeniouk. Os abonos para asistir xa están dispoñibles na web de Ataquilla ata o 1 de setembro.