CAMELIAS MASCOTAS

Nova data para Izal e Mi Capitán aprazado ata novembro

Novidades no Festival TerraCeo do Mar de Vigo: ante a gran demanda de entradas, Izal actuará tamén o 11 de setembro, que se suma á data que teñen o día anterior. No apartado negativo, teremos que agardar máis de dous meses para poder ver a Mi Capitán e a Muñoz, que aprazan o seu concerto ao 21 de novembro.

REVISTA NOVEMBRO
Imax e Izal, que repite data o 11 de setembro

Lonxe de cancelar as súas actuacións, o Festival TerraCeo non deixa de traernos novas. Neste caso, a positiva é que a banda indie madrileña Izal repetirá o concerto da súa Pequeña Gran Gira ao día seguinte, o 11 de setembro. Con estes cambios, libéranse algunhas entradas para o día 10 (que estaban agotadas) e a partir de hoxe ás 14:00 poderan adiquirirse tamén as da nova data en Ataquilla. O prezo da entrada individual é de 35€.

Haberá dous novos abonos para os últimos concertos do TerraCeo: un deles para asistir ao concerto de Izal do 10 de setembro e ao de Viva Suecia do día 13, e outro que permitirá asistir ao concerto de Izal do 11 de setembro e tamén ao de Viva Suecia. O seu custo unitario é de 50 euros.

Por outra banda, a nova data de Izal obriga a aprazar o concerto que estaba previsto para o día 11, que é o de Mi Capitán e Muñoz. Este aprázase ata o 21 de novembro no hall do Auditorio, polo que as persoas que tivesen entradas poden mantelas ou pedir unha devolución a través de Ataquilla. No caso dos abonos que incluían este concerto, poden quedar cun dos novos (Izal + Viva Suecia) e recibir a devolución de 25 euros -os anteriores custaban 75 euros-, ou ben poden optar por devolver os seus abonos anteriores.