CASAACUNHA

O 6º Petisquiño encherá Vigo de tapas ata o 10 de novembro

O principal concurso de tapas da cidade, o Petisquiño, volve un ano máis coa súa edición máis duradeira, que irá desde o 17 de outubro ata o 10 de novembro. Participan un total de 52 locais divididos en seis zonas: Casco Vello, Centro, Náutico, Corte Inglés-Casablanca, Bouzas e Lavadores.

Unha das 62 tapas participantes na pasada edición de O Petisquiño.

O 6º Concurso de Tapas de Vigo Petisquiño está organizado pola Federación Provincial de Empresarios de Hostalería de Pontevedra FEPROHOS, que desde 1977 promove o desenvolvemento económico e social do sector da hostalería e o turismo na provincia de Pontevedra.

A primeira edición púxose en marcha no ano 2014, co obxectivo de poñer en valor a gastronomía da cidade de Vigo, e fomentar o consumo entre os hostaleiros. Petisquiño nace por tanto co animo de converterse nun referente no calendario gastronómico e turístico de Vigo, xunto a outros eventos xa consolidados.

Banner A Movidiña

Esta edición terá lugar do 17 de outubro ao 10 de novembro, sendo a máis duradeira ata a data. O motivo principal é que durante a primeira semana moitas persoas aínda non están ao tanto do comezo do concurso, polo que a participación é máis baixa. Os 52 locais participantes estarán divididos en seis zonas: Casco Vello, Centro, Náutico, Corte Inglés-Casablanca, Bouzas e Lavadores.

Con cada tapa que consumas daranche unha papeleta na que deberás puntuar do 1 ao 5 a relación calidade-prezo, presentación, sabor e servizo. En caso de acompañar o petisco cun viño Fraga do Corvo, patrocinador do evento, tamén poderás valorar a maridaxe. Unha vez completes os teus datos e introduzas o papel na urna, entrarás no sorteo dos premios especiais ao público, sempre e cando a papelete esté sellada por tres dos locais participantes.

Os locais que participan son: A Culler De Teresa , A Mordiscos, A Regueifa, A Retranca, Restaurante Albahaca Pasta, Bar Baiuca, Bar Primavera, Cafeteria Bahía De Vigo, Calma Chicha, Carmencita, Chilanga, Corralito, El Bocadini, El Corte Inglés Vigo, El Mono Vintage Bar, El Temporal, Escuela Oficial De Idiomas –Cafeteria, Filipe, Galipizza, Garden, Hambuguesería Puerta Elvira, La Bodega Del Águila, La Cantina Del Liceo, La Carpinteria Gastrobar Restaurante, La Central Gastro, La Consentida, La Contenta, La Dehesa, La Tienda De Paz, La Pintxoteca, Los 80´S Arenal, Los 80´S Bouzas, Lounge Gran Hotel Nagari, Lume De Carozo, Mamá Chicó, María Manuela, Mesón El Águila, Nikko Espacio Gastronómico, Croque, Ouxo Taperia, Paparrúa Street Food Experience, Patouro Taberna, Pepe Con Pau, Pintxoteca Mar, Pura Concha Restaurante, Reca Rosalía, Restaurante El Mosquito, Restaurante Marina Dávila, Restaurante Valdevez, Taperia Adealberto, Taperia Portela e Trepia Gastronomía.

(GMT+01:00)