VIALIA
CAMELIAS NADAL

Culturgal recibe propostas ata o 6 de novembro

Culturgal, como espazo de promoción e divulgación de proxectos de interese na cultura galega actual, abriu un proceso de selección para o programa de actividades 2020. A Feira desenvólvese do 27 ao 29 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. Co lema “En caso de emerxencia, cultura” presenta importantes cambios e novidades debido á pandemia mundial provocada pola COVID-19.

Culturgal, que se celebrará do 27 ao 29 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra, reduce aforo e o público accederá ao recinto con entrada adquirida con anticipación e horario establecido. A feira reformula a súa programación en relación a edicións anteriores, con menor número de actividades e prioriza os formatos showcase dentro da súa programación para poder acoller un maior número de propostas. Até o 6 de novembro empresas, axentes culturais e creadores están convidados a participar no proceso de selección cuxa información está dispoñible en cultur.gal. O espazo total do Pazo da Cultura é de 834 metros cadrados, con 67 postos de 3x2m e 48 postos de 3×3, situados na zona central da Feira. Aquí podes consultar a tipoloxía dos stands ou o manual do expositor.

CAMELIAS NADAL

A xornada do venres 27 de novembro acollerá o acto inaugural e a actividade profesional; mentres sábado 28 e domingo 29 a Feira abre as súas portas ao público xeral. A organización da Feira convida a participar a empresas, persoas, asociacións e outras entidades, que poderán presentar proxectos empresariais ou creativos de calquera disciplina ou actividade do sector cultural: libro, música, artes escénicas, arte contemporánea, tecnoloxía, espectáculos infantís, etc, sempre e cando teñan participación galega.

Priorizaranse as novedades e estreas, aquelas propostas que cheguen de empresas con posto no recinto ou de entidades adscritas a algunha das cinco asociacións promotoras da Feira: Asociación Galega de Editoras, Escena Galega, Agapi, Eganet e AGEM. Culturgal está organizada pola asociación do mesmo nome, presidida por Víctor López e constituída en 2010 para dar continuidade e estabilidade a unha feira que arrancara de maneira exitosa en 2007.

Unha vez deseñada a programación, as persoas participantes na programación terán que seguir as normas vixentes para a actividade cultural en relación á COVID-19. A selección de propostas a incluír no programa oficial de Culturgal é tarefa conxunta da directiva da Asociación homónima co asesoramento técnico do equipo de traballo da Feira.