A exposición de Nelson Villalobos inmortalízase nun completo catálogo
Este xoves 30 pola mañá presentouse no Museo do Mar o catálogo da exposición Blanquísima su presencia, do artista cubano Nelson Villalobos. Ao igual que a curaduría da mostra, a maquetación do libro correu a cargo do seu fillo Pablo, un traballo que reúne multitude de obras e de textos a cargo de diferentes autores.
O próximo domingo pechará as súas portas a exposición Blanquísima su presencia, inaugurada a comezos de xuño. Unha retrospectiva do autor Nelson Villalobos desde 1995 ata a actualidade. Nesta aventura, ao igual que nos últimos cinco anos, Nelson está acompañado polo seu fillo Pablo, quen se encarga de ordenar, catalogar, expoñer e difundir a súa, funcionando unha especie de representante.
Hoxe pola mañá, na sala principal da exposición, presentouse o catálogo da mostra, tamén realizado por Pablo. Este libro non só recolle ás obras que podemos ver no Museo, senón que realiza unha retrospectiva completísima con numerosas pinturas e series ao longo de 340 páxinas. A maqueta, ao igual que o cuadro que preside a exposición e que foi adquirido polo Museo, é “filla da cuarentena”. Poderá adquirirse alí mesmo desde hoxe, a un prezo de 25€.
As obras de Nelson están acompañadas por numerosos textos de poetas, filósofos e críticos de arte, como Ignacio Gómez de Liaño, Ángel Escobar, Javier Villaseñor, Omar-Pascual Castillo, Andrés Isaac Santana, Carlos Oroza, Rito Ramón Aroche, Rufo Caballero, Aldo Menéndez ou da súa filla Daisy Villalobos.
A pesar de levar vivindo os últimos anos en Cuba, a gran maioría das pezas desta antoloxía foron realizadas en España, entre Vigo e Zaragoza principalmente. Polo tanto, moitas delas son descoñecidas no seu país de orixe, ao que teñen pensado levar unha exposición similar proximamente.
Finalmente, este venres pola tarde Pablo Villalobos realizará no Museo unha proxección privada da súa primeira longametraxe, Altar. Unha cinta de realismo poético rodada na Habana e editada en Vigo durante o confinamento que mostran a súa visión de temas universais como a morte, o amor ou a vida.
Pablo Vázquez
Últimos posts de Pablo Vázquez (ver todos)
- Buscamos imaxes e historias para manter viva a lembranza do Súbete ao Castro - 20 Novembro, 2024
- Elite Barber Shop: tradición e modernidade - 20 Novembro, 2024
- O “fracaso estrepitoso” do Súbete ao Castro ou como non entender a cultura local - 15 Novembro, 2024
- O Cirque du Soleil volve a Galicia cun orixinal espectáculo en pavillóns - 13 Novembro, 2024
- Reúnese Foggy Mental Breakdown, o ‘dream team’ da música viguesa - 6 Novembro, 2024