Skip to content
VIALIA
  • Facebook
  • Twitter
  • Instragram
  • Faite Amovidalover
  • Faite Amovidalover
A Movida

A Movida

A Movida é a axenda cultural e de ocio en Vigo. Aquí poderás atopar todos os eventos que se organizan na cidade, concertos, espectáculos, festivais, charlas, actividades deportivas, festas…

  • Inicio
  • Axenda
    • Actividades deportivas
    • Actividades para o coco
    • Arte e Museos
    • As Nosas Festas
      • Entroido
      • Nadal en Vigo
      • A Reconquista
    • Concertos
      • Castrelos
    • Espectáculos
    • Festivais e Feiras
    • Gastro
    • Pequerrechos
  • Amovigo
  • A revista
    • Contidos
    • Exemplares en PDF
    • Onde atopala
    • Subscrición
    • As túas movidas
  • A Movidiña
  • Locais recomendados
  • A movida en
  • Arte e Museos_cat
  • Sin categoría

A exposición de Nelson Villalobos inmortalízase nun completo catálogo

Publicado o 30 Xullo, 2020 por Pablo Vázquez

Este xoves 30 pola mañá presentouse no Museo do Mar o catálogo da exposición Blanquísima su presencia, do artista cubano Nelson Villalobos. Ao igual que a curaduría da mostra, a maquetación do libro correu a cargo do seu fillo Pablo, un traballo que reúne multitude de obras e de textos a cargo de diferentes autores.

O próximo domingo pechará as súas portas a exposición Blanquísima su presencia, inaugurada a comezos de xuño. Unha retrospectiva do autor Nelson Villalobos desde 1995 ata a actualidade. Nesta aventura, ao igual que nos últimos cinco anos, Nelson está acompañado polo seu fillo Pablo, quen se encarga de ordenar, catalogar, expoñer e difundir a súa, funcionando unha especie de representante.

Hoxe pola mañá, na sala principal da exposición, presentouse o catálogo da mostra, tamén realizado por Pablo. Este libro non só recolle ás obras que podemos ver no Museo, senón que realiza unha retrospectiva completísima con numerosas pinturas e series ao longo de 340 páxinas. A maqueta, ao igual que o cuadro que preside a exposición e que foi adquirido polo Museo, é “filla da cuarentena”. Poderá adquirirse alí mesmo desde hoxe, a un prezo de 25€.

As obras de Nelson están acompañadas por numerosos textos de poetas, filósofos e críticos de arte, como Ignacio Gómez de Liaño, Ángel Escobar, Javier Villaseñor, Omar-Pascual Castillo, Andrés Isaac Santana, Carlos Oroza, Rito Ramón Aroche, Rufo Caballero, Aldo Menéndez ou da súa filla Daisy Villalobos.

A pesar de levar vivindo os últimos anos en Cuba, a gran maioría das pezas desta antoloxía foron realizadas en España, entre Vigo e Zaragoza principalmente. Polo tanto, moitas delas son descoñecidas no seu país de orixe, ao que teñen pensado levar unha exposición similar proximamente.

Finalmente, este venres pola tarde Pablo Villalobos realizará no Museo unha proxección privada da súa primeira longametraxe, Altar. Unha cinta de realismo poético rodada na Habana e editada en Vigo durante o confinamento que mostran a súa visión de temas universais como a morte, o amor ou a vida.

The following two tabs change content below.
  • Bio
  • Últimos posts
My LinkedIn profileMy Vimeo channel

Pablo Vázquez

Xornalista cultural, fotógrafo e musiqueiro. E vigués. Director de tres documentais e coautor de Son da cidade. O libro da música viguesa do noso século.
My LinkedIn profileMy Vimeo channel

Últimos posts de Pablo Vázquez (ver todos)

  • As dúas tendas de discos máis veteranas de Vigo súmanse ao Record Store Day - 16 Abril, 2026
  • A biblioteca de Schrödinger: vai ter por fin Teis unha biblioteca ou só unha sala de lectura? - 16 Abril, 2026
  • O Festival de Cans acollerá seis estreas na sección Furacáns - 14 Abril, 2026
  • Dirty Suc: o ‘Fillo do Mar’ de Vigo prepárase para a súa gran noite - 9 Abril, 2026
  • Todo o mes é 25 de abril - 6 Abril, 2026

Apoia a cultura en Vigo, subscríbete a A Movida
Únete a nosa familia de #Amovidalovers e recibirás tódolos meses a revista na túa casa. Coa túa subscrición estarás contribuindo a que o proxecto medre e sigamos traballando a prol dunha cidade máis activa.

Publicaciones relacionadas:

  1. Xa coñecemos o palmarés completo do VIII Primavera do Cine
  2. Xa coñecemos o cartel completo do primeiro Most! Music Festival
  3. O Festival SonRías Baixas desvela o cartel completo da súa próxima edición 
  4. O HematoFesti dá a coñecer o programa completo de actividades
catálogo cuba exposición Museo do Mar de Galicia Museo do Mar de Vigo Nelson Villalobos Purísima su presencia Vigo

Hoxe móvese

abril

Teatro EnsalleCalle de Chile, 15, 36202 Vigo, Pontevedra

17abrTodo o día19XXII Festival Isto Ferve: Tiempo muertoespectáculos | -(Todo o día)(GMT+02:00) Teatro Ensalle

19abr11:00Free Tour pola contorna de Factoría Alfageme de Bouzas.actividades para o coco | de balde11:00(GMT+02:00) Fabrica Alfageme

MUTAMUTA, Rúa de Joaquín Loriga, 9, Santiago de Vigo, 36203 Vigo, Pontevedra

19abr12:00PERMUTACIÓNS: De arte, moda e naturezaCONCERTOS | DESDE 21,00 € 12:00(GMT+02:00) MUTA

Local Social FaíscaRúa de Toledo, 9, 36205 Vigo, Pontevedra

19abr12:00Serán dos cravosactividades para o coco | de balde12:00(GMT+02:00) Local Social Faísca

TODOS OS EVENTOS
TODAS AS EXPOSICIÓNS

Axenda pequerrechos

abril

19abr18:00VigoCultura: TAVOLEPequechos | 5,00€18:00(GMT+02:00)

CC VialiaPraza Estación, 1, 36201 Vigo, Pontevedra

21abr17:30Obradoiro de caretas de Animais do Bosquepequerrechos | de balde17:30(GMT+02:00) CC Vialia

CC VialiaPraza Estación, 1, 36201 Vigo, Pontevedra

24abr17:3020:30Obradoiro CREA TU PIZZApequerrechos | -17:30 - 20:30(GMT+02:00) CC Vialia

El Corte InglésAv. da Gran Vía, 28, 36204 Vigo, Pontevedra

24abr18:0018:30Contacontos con Isabel Porto: Quen robou o tempo?pequerrechos | de balde18:00 - 18:30(GMT+02:00) El Corte Inglés

Séguenos nas redes

A escena musical viguesa

Música local
  • Quen somos
  • Contacto
  • #AMOVIDALOVERS
  • Publica o teu evento
  • Newsletter
  • Sorteos
  • Política de privacidade
  • Política de cookies
  • © A Movida
X