CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

Xa coñecemos o cartel completo do primeiro Most! Music Festival

O próximo 15 de decembro terá lugar no IFEVI a primeira edición do Most! Music Festival, un evento de música alternativa que mesturará concertos como os de Mando Diao e Sidecars con DJ sets de artistas internacionais como Foals, Belle & Sebastian ou Peter Hook.

 

O cartel do primeiro Most! Music Festival xa é unha realidade. Por un lado contaremos cos concertos de Mando Diao, Cycle, Viva Suecia, The Tiki Phantoms e Sidecars; polo outro, cos DJ set de Belle & Sebastian, Foals, Peter Hook, The Black Adder e FAC51 The Haçienda. Fai un par de semanas anunciabamos tamén o DJ set do grupo británico Kaiser Chiefs, pero finalmente cáense da programación debido a que se atopan gravando o seu último traballo. 

CAMELIAS NADAL

Os obxectivos do Most! son claros: apostar polas mentes abertas, por eses riffs de guitarras que evocan ao mellor espírito popeiro ou rockeiro, ao mesmo tempo que por temas de baile que provocan os mellores momentos furtivos á calor canalla da madrugada. A idea é convertir o IFEVI no epicentro da músic alternativa ao longo de 12 horas. E non é unha esaxeración, xa que o festival comezará ás 18:00 e ten previsto finalizar sobre as 6:00 da madrugada.

Para que tantas horas non se fagan eternas, a idea do festival é que non haxa tempos mortos, polo que ao rematar cada actuación seguiralle outra automaticamente. Desta forma, iranse intercalando ao longo do día e da noite concertos con DJ set. Aínda que os horarios das actuacións están sen confirmar, podemos adiantar que o set de FAC51 The Haçienda será o encargado de pechar á noite, ao igual que os madrileños Cycle tamén actuarán a altas horas da madrugada, debido ao seu estilo animado e bailable. 

Tanto nos concertos como nos sets atopamos nomes de relevancia internacional como son Foals, Peter Hook (fundador de Joy Division), Mando Diao ou Belle & Sebastian, quenes realizarán a súa sesión pinchando vinilos. O prezo do festival será de 35€ ata o 9 de novembro e de 40€ ata o 5 de decembro. Podes conseguir os billetes pinchando aquí.