CAMELIAS

Juan Pablo Pérez (Wild Fest): ‘Hai que saber reinventarse e ser flexibles’

Juan Pablo Pérez é un dos organizadores de Wild Fest, un festival nado o verán pasado que aúna música, deporte, gastronomía, cinema e mercadiño ecolóxico no enclave natural do Parque forestal de San Miguel de Oia. Foron un dos primeiros certames en tomar a decisión de adiar o seu evento, que se celebrará a primeira finde de setembro, e non en xullo como estaba previsto. Pérez cóntanos como un proxecto tan novo conseguiu sortear as dificultades e non tirar a toalla e cales serán as novidades da segunda edición do festival máis sostible de Vigo.

Pérez, no centro, acompañado do Concelleiro de educación e a Concelleira de cultura

Proxecto de recente creación con só unha edición ás costas, que vos motivou a crear o Wild Fest?

Somos unha asociación con experiencia na organización de eventos deportivos e con ganas de ir un pouco máis aló e facer unha proposta máis multidisciplinar e desde o punto de vista do coidado do medioambiente. Así naceu o Wild Fest, como un gran contenedor de experiencias culturais, gastronómicas e deportivas nun entorno natural.

Como vos afectou  pandemia?

Foi un pao duro tanto no estructural como no económico. Levamos traballando desde setembro no festival e facer tantos cambios non foi doado. Unha das novidades desta segunda edición ía ser involucrar aos escolares nas actividades do venres, cunha programación a medida sobre sostenibilidade e tecnoloxía. Iso xa non se poderá facer, coa conseguite pérdida do patrocinador. Tampouco poderemos ter un segundo escenario, como tiñamos planeado, por pérdida de financiamento.

Como afrontades a nova data? Tivestes que facer cambios no programa orixinal?

Temos a sorte de que moitos dos artistas que tiñamos no cartel confirmaron xa a nova data e o tempo extra estanos servindo para acabar de definir algunhas cousas. Unha das novidades deste ano será un concurso de bandas, que poñeremos en marcha esta semana e cuxo gañador abrirá os concertos do sábado. Ademáis reforzaremos as actividades para familias e nenos e adaptaremos os horarios para eles, por exemplo, adiantando a hora de inicio dos concertos ás 19:30 da tarde.

Outro dos cambios será a reducción no prezo da entrada. O venres haberá entrada libre e o sábado a prezo simbólico, máis baixo que o ano pasado.

Cres que saímos desta con máis conciencia social no coidado do medioambiente?

É irrefutable que somos o principal problema para a Terra e non somos conscientes disto. O medo foi unha chamada de atención, pero cando pasa o medo esquecemos de novo as consecuencias das nosas accións. A partir de agora imos ver cambios sociais, tecnolóxicos e esperemos que tamén medioambientais, pero o proceso é máis lento do que debería.

Cales son os retos para os festivais na nova normalidade?

Hai que saber reinventarse e ser flexibles. Ninguén ten asegurado poder traballar en setembro, nin con que aforo, pero temos que seguir traballando.

REVISTA OUTUBRO
The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.