CAMELIAS MASCOTAS

Caravanas teatrais e zancudos poetas para iniciar Vigocultura

Esta fin de semana comeza a programación de Vigocultura cunha serie de actividades na rúa Príncipe, sempre e cando a climatoloxía non o impida. Dúas caravanas que realizarán pases de microteatro e zancudos vestidos de época que susurran poemas ao oído son as primeiras propostas para esta nova temapada de teatro. Preme aquí para consultar o resto da programación ou visita a nosa axenda.

Os murmuradores facendo das súas na rúa

La Petite Caravane

Ambientado nos teatros de principios do século XX, este pequeno teatro pode albergar as máis variadas representacións: maxia, monicreques, teatro, curtametraxes. Trátase, posiblemente, do teatro máis pequeno que existe, e ademáis ten rodas. Apenas 25 persoas poderán gozar dunha inesquecible actuación única e irrepetible. Pode que estiveses nos mellores e máis importantes teatros do mundo, pero sen dúbida non nun coma este.

Canso de que o rexeiten en todos os teatros, o artista de variedades máis pequeno do mundo decide montar un teatro de seu, e non só o fai acorde coas súas medidas, senón que tamén lle pon rodas para levalo a todos os recunchos do mundo. Feliz de poder amosarnos as súas habilidades, este diminuto artista convídanos a somerxernos nunha atmosfera máxica confirmando, unha vez máis, que o bo vén en frascos pequenos. Sen dúbida ningunha, un espectáculo que xamais esquecerás.

PASES
Venres 31 de xaneiro: 19:00, 19:30, 20:00 e 20:30 h
Sábado 1 e domingo 2 de febreiro: 17:30, 18:00, 18:30, 19:00, 20:00 e 20:30 h.

Clavileño e hijxs

A caravana dos Clavileño foi convertida nunha atracción de feira. Mentres se desenvolve a atracción -unha cabina de 7D-, mestúranse a vida e as relacións desta familia un tanto disfuncional. Unha divertida comedia que pon de manifesto cómo se inocula o machismo case sen querer, sen decatarnos mediante os distintos comportamentos, esixencias e actitudes cos membros da familia.

PASES
Venres 31 de xaneiro: 19:00, 19:30, 20:00 e 20:30 h
Sábado 1 e domingo 2 de febreiro: 17:30, 18:00, 18:30, 19:00, 20:00 e 20:30 h.

REVISTA NOVEMBRO

Palabras por un tubo

Os Murmuradores (Les Soufflers), foron un grupo de artistas franceses que saíron ás rúas de París a murmurar poemas ao oído da xente. A través destes tubos de cartón, estes peculiares zancudos convidarán a deterse un intre para gozar da beleza das palabras, e transmitirán poesía e textos que se recitan ao oído, e como non… convidarán a toda a cidadanía a asistir á programación Vigocultura desta tempada.

PASES
Venres 31 de xaneiro: 18:30 e 19:45 h.
Sábado 1 e domingo 2 de febreiro: 17:00 e 19:15, h.

(GMT+01:00) Príncipe

(GMT+01:00) Príncipe

(GMT+01:00) Príncipe