REVISTA ABRIL

O Festival Kerouac reúne a poetas americanos e galegos en Nova Iorque

En 2021 o Festival Kerouac segue crecendo, levando a poesía en castelán, vasco e galego a novos espazos da cidade de Nova York. Esta quinta edición celébrase entre o 5 e o o 8 de maio e está formada por dous eventos presenciais en Manhattan e un evento dixital transoceánico no que participaron poetas galegos.

Poetas, músicos e performers galegos, vascos, latinos e estadounidenses, unirán palabra e obra nunha sinerxia poética de gran calado, que se afianza sobre o Atlántico e que comunica Galicia e Nova York entre o 5 e o 8 de maio, nunha mostra ambiciosa e sen complexos coa poesía como eixo central da expresión artística contemporánea. Homenaxes a Jack Kerouac, performances que reflexionan sobre a emigración, o bilingüismo ou a responsabilidade do creador para cambiar o mundo, concertos, danza e visuais, spoken word con música en vivo … son algunhas das propostas que presentará o festival na Gran Mazá.

O festival comezou o mércores 5 de maio cunha sesión online na que participaron as poetas galegas Luz Pichel, Marga do Val, Xiana Arias, Oriana Méndez, Anna R. Figueiredo, Malvares de Moscoso e Iria Medraño e que estivo presentada por Marcos de la Fuente, organizador do Festival Kerouac xunto a Vanesa Álvarez.

O venres 7, a partis das 19.00h terá lugar a sesión Poetry Fighters , unha lectura en directo que reunirá a poetas galegos, mexicanos e estadounidenses no xardín da mítica igrexa Saint Marks, templo da poesía neoiorquina durante xeracións. As madriñas do evento serán a performer Penny Arcade e a poeta Nancy Mercado, dúas artistas que participaron do movemento da xeración Beat, cuxo epicentro foi precisamente o barrio do East Village, onde se atopa Saint Mark.

REVISTA ABRIL

A galega María Medín Doce, o poeta chamán colombiano Nicolás Linares ou a neoiorquina Jani Rose, serán algunhas das poetas convidadas, no que será a presentación en sociedade do Colectivo Poetryfighters, impulsado polo festival, co poeta Marcos de la Fuente como cabeza visible do movemento. Así, o festival percorre unha senda continuista como homenaxe aos que estiveron en décadas anteriores en Nova York e recolle a súa influencia para o novo movemento que presenta o festival: os poetryfighters.

O sábado 8, a galería do Soho, NYC Arts Empire, acollerá a última sesión do Festival Kerouac 2021, Performance and movement . Contarase coa presenza de Rolando Peña, camarada de Kerouac e Warhol nos 70, chega desde Miami para homenaxear ao seu amigo nunha emocionante performance de música e movemento, na que estaráacompañado por Jorge Heilpern. A poeta mexicana afincada en Nova York, Rebelene Suchilt, presenta un poema en danza, con música e visuais proxectadas sobre o seu corpo. O poeta vasco Kirmen Uribe recitará en vasco e inglés algunhas pezas do seu último libro. A potente artista americana Helixx C. Armageddon,

En definitiva, o Festival Kerouac, que comezou como unha pequena reunión en Vigo no 2010 continúa tecendo redes sobre o océano Atlántico e afianzando as súas edicións de Nova York e México. Unha rede de artistas e poetas traballando xuntos desde Nova York en diversas linguas e propostas que expanden a poesía nesta nova década.