CAMELIAS MASCOTAS

Consulta os premiados nos 19º Premios Maketón

O pasado sábado celebrouse en La Iguana Club unha nova edición dos Premios Maketón, os principais galardóns da nosa música. Os encargados de poñer a banda sonora a esta noite tan especial foron Wöyza e The Bo Derek’s, capitaneados por Óscar Avendaño.

La Iguana Cluib foi a encargada de acoller os Premios Maketón deste ano, que celebra 19 edicións sempre coa música local como protagonista. Pasadas as 22:30 comezou a cerimonia co potente directo de Wöyza, que presentou os temas do seu último EP Tábula Rasa, ademais doutros máis antigos.

Unha hora despois comezaba a entrega das estatuillas, con The Bo Derek’s, os encargados de pechar a noite, como premiados ao mellor directo. Así o demostraron máis adiante, co seu enérxico rock n roll en castelán, mostrándonos a faciana máis salvaxe do seu líder Óscar Avendaño.

REVISTA NOVEMBRO

O galardón a mellor produtor local foi para Pablo Álvarez, que desde MIDI Música e como técnico de son de directo traballa con decenas de grupos locais. O galardón ao mellor disco de grupo local levouno Fon Román por La chispa, la llama y el humo, un disco emocionante que tras cinco anos de traballo en México está posicionado de novo ao ex-Piratas na primeira liña da escena musical nacional.

O premio á traxectoria musical foi Frying Luras, un grupo de amigos que levan reuníndose e divertíndose ao longo de 20 anos en centenares de locais. Curiosamente, este ano publicaron o seu primeiro traballo. En canto ao mellor disco autoeditado, o vencedor foi o dúo formado por Tarci Ávila e Nacho Dafonte, Presumido. O seu disco Cuatro Estaciones foi un dos traballos máis ambiciosos e esperados do ano.

Por último, na categoría de mellor videoclip, foi Villanueva quen se levantou co galardón polo vídeo da súa canción Horizontal, incluída en Cuarto de Invitados. Foi dirixido por Soledad Rebollo de LunaVista e filmado na illa de Toralla.