CAMELIAS MASCOTAS

Pereira presenta un novo receitario coa lura como protagonista

Cinco cociñeiros de China, España, Illas Malvinas, Senegal e Sudáfrica propoñen as 10 receitas da nova edición, todas coa lura como protagonista. Desta forma componse o 14º receitario “Cociña de Abordo” de Pereira Produtos do Mar.

“As 10 mellores receitas con lura do mundo” é o título da nova edición do receitario “Cociña de Abordo” de Pereira Produtos do Mar que este ano chega ao seu 14ª edición. Os responsables da elaboración das receitas foron cinco recoñecidos chefs de restaurantes de cinco países nos que Pereira ten presenza: China, España, Illas Malvinas, Senegal e Sudáfrica. A elaboración da lura é moi diferente dun país a outro e poderá apreciarse a primeira ollada nos pratos expostos na edición deste ano.

Como novidade, o receitario será traducido ao inglés e as receitas poderán consultarse e descargarse no seu blog que na actualidade conta con máis de 200 propostas. Ademais, tamén estarán dispoñibles todas as recetas das edicións anteriores desde o 2006. A empresa producirá 2.500 unidades do receitario que repartirá entre os seus clientes como vén sendo habitual durante os últimos 14 anos polas datas do Nadal.

A continuación, as 10 receitas desta 14ª edición:

China | Chef Pol García | Restaurante La Maruja:
• DUMPLING DE LURIÑAS NA SÚA TINTA SOBRE “CONGEE” DE XAMÓN IBÉRICO E JENGIBRE
• BOCADILLO DE LURAS SHANGHÁI

España | Chef Iñaki Bretal | Restaurante O Eirado:
• LURA EN TEMPURA DE GARAVANZOS SOBRE CROCANTE DA SÚA TINTA, MAIONESA
DE ALGA CODIUM E AJADA
• LURA AO WOK SOBRE CREMA DE TUBÉRCULOS AJILIMÓJILI, ACEITE DA SÚA TINTA E HUEVAS DE TROITA

REVISTA NOVEMBRO

Illas Malvinas | Chef Joel Miranda | Restaurante Malvina House Hotel:
• LURAS CON CHILE E ALLO
• LURAS RECHEAS

Senegal | Chef Youssou Dugassey | Restaurante Alkimia:
• LURAS RECHEAS CON CAUPÍ E SALSA DE HIBISCO
• LURAS SALTEADOS, CABAZA PATISSON E ROMANESCO CON TAMARINDO

Sudáfrica | Chef Junelle Germishuizen | Restaurante Ocean Basket:
• LURAS PICANTES
• ENSALADA DE LURAS E TOMATES