CAMELIAS MASCOTAS

Fon Román: “A miña idea é facer outro disco pronto”

Fon Román, o que fora guitarrista e un dos principais compositores de Los Piratas, volve á súa casa despois duns cantos anos lonxe dos escenarios e da música en xeral. E faino cun novo disco baixo o brazo, La chispa, la llama y el humo. Un traballo íntimo, coidado e luminoso que presentará o sábado 19 en La Fábrica de Chocolate nun concerto que promete ser moi especial.

A que se deberon estes 8 anos de ausencia discográfica? Por que elixiches México para iniciar unha nova etapa?

Non foi por un motivo especial,simplemente unha crise persoal impulsou en min unha necesidade de cambio e sentín que México podería ser un bo sitio para renacer. Xa estivera tocando en varias ocasións e crin que a enerxía intensa que se vive alí era apropiada para propiciar algunha transformación.

Que quedou plasmado do teu exilio voluntario a México neste novo traballo?

Pois moitas cousas. Principalmente a miña propia experiencia vital persoal e esa transformación da que che falo creo que se ve nas cancións. Tamén os músicos latinoamericanos que coñecín e que impregnaron o seu talento no disco.

La chispa, la llama y el humo, o título do disco, é unha referencia ás diferentes fases da vida. Non é un pouco pronto para falar sobre o fin, sobre “o fume”?

Ten que ver co propio cambio intrínseco á vida. Non fai falta velo nun soamente, a transformación en todo o que nos rodea (que é o fume, máis que o fin de algo ) vémolo ao noso ao redor constantemente.

Veste tardando outros 8 anos para sacar o teu próximo traballo ou te sintes con enerxías renovadas para compoñer máis material?

Pois a miña idea é facer outro disco pronto. Pero non podo aseguralo ao100%.

Gravaches en acústico algúns dos temas do disco acompañado por artistas aos que admiras. Con quen máis che gustou colaborar?

Pois síntome moi satisfeito e agradecido con todos os que colaboraron, non anhelo a ninguén máis.

Botando a vista atrás, sentes que Los Piratas fostes uns precursores no que hoxe en día poderiamos chamar indie rock?

REVISTA NOVEMBRO

Pois non o sei con certeza. Supoño que algo do que faciamos inconscientemente valeu para que outros nos visen como unha referencia. Tirabamos cara adiante coa intención de crear libremente noutro contexto diferente ao actual. Nós queriamos ter liberdade e independencia na parte musical e artística e iso nunha multinacional non era normal nese momento.

Por agora só tes unhas poucas datas de presentación do disco confirmadas. Que plans tes para os próximos meses e para o 2020?

Pois temos a intención de seguir tocando, agardo que pronto se amplíen as datas. Tamén regresarei a México sobre marzo/abril para facer promo e tocar.

(GMT+01:00) La Fábrica de Chocolate

The following two tabs change content below.

Pablo Vázquez

Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, é un apaixoado do cine, da música e da fotografía. É director dos documentais 'O profesor', 'The Death: el reencuentro' e 'Cuna de músicos', ademais de coautor do libro 'Son da cidade', o que lle fixo coñecer aínda máis a escena musical viguesa. Ten traballado con distintos grupos e salas da cidade, ademais de participar nos últimos anos como Xurado Novo nos festivais de cine de San Sebastián e Novos Cinemas.