CAMELIAS MASCOTAS

Lauryn Hill inaugura o verán en Castrelos

Vinteún anos despois da publicación do seu único traballo de estudo, Lauryn Hill encheu na noite do mércores o auditorio do parque de Castrelos, demostrando que o Miseducation of Lauryn Hill segue levantando paixóns e a súa voz en plena forma. A artista, que combina rap e soul con letras reivindicativas, abriu a tempada estival de concertos do auditorio.


Lauryn Hill deu ao seu entregado público o esperado: un retraso de case unha hora e unha interpretación notable. O primeiro paliouno coa actuación de DJ Reborn e a cantante Tara Harrison, a quen algúns confundiron ca propia Lauryn, que fixeron saltar á audiencia con coñecidos temas de reggae e dancehall.

REVISTA NOVEMBRO

Tras elas, ás 23:20, Ms.Hill, escondida baixo dunha pamela translúcida e acompañada dunha banda composta por cinco músicos e tres coristas. Unha potente versión do Interlude, tema da revisión Unplugged do seu álbum na MTV, acompañou os seus pasos ata o micrófono. A partir de aí, a artista, que abriu a tempada de concertos en Castrelos, repasou o seu traballo en solitario a través de versións dos seus temas máis coñecidos e queridos. Falou de amor e de tempo, mais tamén de fortaleza e revolución, unha mestura sempre presente nos seus traballos, pioneiros nas reivindicacións racial e feminista sobre o escenario. Sacou refulxir a súa voz nos momentos máis soul, como con Ex-Factor, e levantou o puño para entonar himnos como Superstar; todos eles temas moi versionados, que por momentos fixeron botar en falta algo máis de fidelidade coas notas da nosa adolescencia.

Tampouco faltaron lembranzas da época ca súa primerira banda, The Fugees, e foi precisamente a coñecida Fugee-la a canción máis coreada cara o final do concerto. Ata ese momento, a artista queixouse constantemente aos seus técnicos da potencia do son, con incesantes espaventos e malas caras ao equipo para modificar a ecualización, que fixeron que a estadounidense estivese por momentos afastada do seu público. Subsanou sobradamente este feito baixando ao foso ao final do concerto, disposta a firmar CD e vinilos que a audiencia trouxera consigo e sorrindo ante os centos de fans que trepaban o valado pedindo un selfie.

Lauryn Hill inaugurou a tempada de concertos de Castrelos cun espectáculo á altura da diva do soul na que se converteu a finais dos anos 90 e poñendo o listón alto para as próximas nove citas das que poderemos gozar de aquí ao 8 de agosto. Pese a esperada impultualidade da artista e os problemas de son , a norteamericana cupriu amplamente as espectativas.

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.