CASAACUNHA

As entradas para os concertos de Castrelos saen á venda a partir de mañá

Dez días de música agardan por nós no Auditorio de Castrelos este verán. As entradas para poder acceder a parte de abaixo do auditorio sairán á venda de forma escalonada. Mañá, venres 5 de xullo, poderán adquirirse os billetes para o concerto da rapeira Lauryn Hill.

Os prazos para mercar as entradas dos concertos de Castrelos e os prezos das mesmas son os seguintes:

Do 5 ao17 xullo – Lauryn Hill – 8€ anticipada, 10€ en taquilla
Do 8 ao 19 de xullo – Leiva – 6€ anticipada e 8€ en taquilla
Do 9 ao 23 de xullo – Tom Jones – 8€ anticipada, 10€ en taquilla
Do 10 ao 24 de xullo – Fangoria – 6€ anticipada e 8€ en taquilla
Do 11 ao 26 de xullo – Rick Astley – 8€ anticipada, 10€ en taquilla
Do 12 ao 23 de xullo – Roger Hodgson – 8€ anticipada, 10€ en taquilla
Do 15 de xullo ao 1 de agosto – Thirty seconds to Mars – 8€ anticipada, 10€ en taquilla
Do 16 de xullo ao 2 de agosto – Furious Monkey House + Xoel López + Vestusta Morla – 6€ anticipada e 8€ en taquilla
Do 17 de xullo ao 8 de agosto – David Bisbal – 6€ anticipada e 8€ en taquilla

Haberá tamén un número de espectáculos gratuítos, para o que non é preciso retirar billete. No eido adulto, poderá accederse sen pagar entrada ao concerto da Coral Casablanca, que actúará no auditorio do parque o 27 de xullo. Así mesmo, todas as actuacións infantís son de entrada libre: Queenmanía, o 3 de agosto; O rei león, o 5 de agosto; Shrek, o musical, o 6 de agosto e Super Wings, o día 7 do mesmo mes. Todo eles serán ás 20h e dende a alcaldía aseguran que haberá unha nova confirmación musical infantil nas próximas semanas, chegando así ás cinco citas dirixidas ao público miúdo.

As entradas poderán adquirirse por tres vías. Por unha banda, a través da billeteira on-line de Abanca, Ataquilla (nas que saíran á venda ás 10:00 am). Tamén se habilitará unha taquilla telefónica, no número 902504500, en horario de 10 da mañá a 10 da noite e de luns a venres. Como terceira opción, tamén será posible conseguir as entradas nun punto de venda físico, ubicado na rúa Policarpo Sanz, 10, que permanecerá aberto de luns a venres de 10.00 a 13.00 e de 17.00 a 20.30 horas.

Comezando por orde cronolóxica, será a rapeira norteamericana Lauryn Hill a encargada de abrir o programa de Vigo en Festas o día 17 de xullo. A ex membro de The Fugees volve aos escenarios tras un tempo apartada dos focos, aproveitando o 20 aniversario do seu disco estrela The Miseducation of Lauryn Hill. Será a súa primeira vez en Galicia, ademais do seu único concerto propio en toda España.

Dous días despois chegará Leiva, un dos artistas nacionais con máis sona, que vén de sacar o seu último disco Nuclear fai tres meses. Tras vender milleiros de entradas alá por onde vai, volve a Vigo varios anos despois,onde presentará as súas novas cancións e repasará a súa extensa colección de hits, tanto con Pereza como en solitario. O seu promete ser un dos concertos máis multitudinarios do verán.

A semana do 22 de xullo contará nada máis e nada menos que con tres concertos. O primeiro será Tom Jones o martes 23, no que o Tigre de Gales demostrará por que é unha das voces máis importantes da música anglosaxona tras case seis décadas de carreira. Ao día seguinte será o dúo Fangoria, formado por Alaska e Nacho Canut, o encargado de facer bailar ao público local con himnos do electro pop como A quién le importa ou Ni tú ni nadie. Para rematar a semana, o venres 26 subirá ao escenario o británico Rick Astley, que está a vivir unha segunda xuventude despois do seu éxito nos anos oitenta con Never gonna give you up. Poderá convencer ao público vigués de que non se trata doutro one hit wonder?

A Coral Casablanca encherá de fermosas armonías vocais o auditorio o sábado 27, na que xa é unha cita recurrente verán tras verán. A semana seguinte comezará coa actuación de Roger Hodgson, o luns 29. O que fora líder de Supertramp volve a Vigo poucos anos despois para repasar tanto a súa carreira en solitario como os temas máis famosos da banda británica. Outro dos grandes nomes que visitará Castrelos será o músico e actor Jared Leto coa súa banda Thirty Seconds to Mars, que actuarán o xoves 1 de agosto na que será a súa primeira visita a Galicia.

Banner A Movidiña

Tres serán os concertos que poderemos ver o venres 2 nunha especie de mini festival da promotora Esmerarte. Comezando pola banda pontevedresa Furious Monkey House, formada por cinco rapaces e rapazas moi novas, acompañadas por un estraño mono furioso. Tras eles, volve a Vigo nove meses despois Xoel López, unha das referencias na música de autor en castelán. O galego xa leva 8 discos ás costas, cinco deles baixo o nome de Deluxe e tres en solitario, sendo o último Sueños y Pan, do 2017. Por último, un dos concertos estrela deste ano será o de Vetusta Morla. A banda madrileña non visitaba estes lares desde o 2014, tempo que lles valeu para afianzarse como unha das bandas máis importantes do país.

O sábado 3 de agosto sería a quenda do carismático violinista Ara Malikian, mais unha inoportuna lesión de ombreiro fíxolle cancelar a maior parte dos concertos que tiña programados este verán, entre eles o de Castrelos. Para rematar, teremos o concerto de David Bisbal o xoves 8 de agosto, onde o ex triunfito franquicia volve a Vigo cun show máis maduro pero igualmente divertido, onde non faltarán as cancións que lle lanzaron á fama na pasada década.

Resumindo:

(GMT+01:00) Parque Castrelos

(GMT+01:00) Parque Castrelos

(GMT+01:00) Parque Castrelos

(GMT+01:00) Parque Castrelos

(GMT+01:00) Parque Castrelos

(GMT+01:00) Parque Castrelos

(GMT+01:00) Parque Castrelos

(GMT+01:00) Parque Castrelos

(GMT+01:00) Parque Castrelos

(GMT+01:00) Parque Castrelos