O XVI Rancho de Reis enche de música e cor o centro da cidade
Onte pola tarde os membros do Rancho de Reis da Asociación Veciñal do Casco Vello percorrerón as rúas do centro de Vigo, regalando aos alí presentes as súa músicas e danzas tradicionais.
Os Ranchos de Reis son unha tradición galega centenaria moi común nestas datas de Nadal. En Vigo hai imaxes do Rancho do Casco Vello na década dos 50, e tiveron continuidade ata aproximadamente os 70. A partir de aí, só algunhas familias decidían saír ás rúas os días de Noiteboa, Aninovo ou Reis a cantar panxoliñas, danzar e pedir o aguinaldo.
A Asociación Veciñal do Casco Vello recuperou esta celebración fai 16 anos e ata agora a recepción está a ser moi positiva. Ademais dos Ranchos, desde novembro organizan uns obradoiros para todo aquel que se queira unir, tanto para tocar como para bailar.
A maiores do de onte, este XVI Rancho de Reis percorreu a zona do Progreso e o Calvario o día 29 de decembro e Torrecedeira e Pi y Margall o 2 de xaneiro. Onte foi a quenda da zona centro e Casco Vello, onde realizaron diferentes paradas no seu percorrido, como na Prazas da Constitución, da Princesa ou da Pedra.
Pablo Vázquez
Últimos posts de Pablo Vázquez (ver todos)
- Buscamos imaxes e historias para manter viva a lembranza do Súbete ao Castro - 20 Novembro, 2024
- Elite Barber Shop: tradición e modernidade - 20 Novembro, 2024
- O “fracaso estrepitoso” do Súbete ao Castro ou como non entender a cultura local - 15 Novembro, 2024
- O Cirque du Soleil volve a Galicia cun orixinal espectáculo en pavillóns - 13 Novembro, 2024
- Reúnese Foggy Mental Breakdown, o ‘dream team’ da música viguesa - 6 Novembro, 2024