CAMELIAS MASCOTAS

Bazares nos Bares enche de marcha diurna Churruca e Irmandiños

Este sábado 15 terá lugar a VII edición de Bazares nos Bares, onde poderás visitar os distintos locais de Churruca e Irmandiños en horario diurno. Neles atoparás todo tipo de produtos: roupa, comida, manualidades, ilustracións, música e case calquera cousa que poidas imaxinar.

REVISTA NOVEMBRO

Este sábado haberá moita marcha na zona de Churruca e Irmandiños, pero non só de noite, senón que de día os locais encheranse de xente e produtos grazas a Bazares nos Bares. Un total de 9 locais que acollerán a compradores e vendedores de 12:00 a 22:00. Estes establecementos son Goma Laca, Korova, Tinta Negra, Sala Magnética, Batallón Baiuca, La Casa de Arriba, Bizarre, Cantina Candela e Brewing Records.

Que imos atopar este sábado? Pois practicamente de todo: ilustración, escultura, cerámica, coiro, xoiaría, traballos en madeira, roupa, complementos, xardinería, decoración, cómics, libros, vinilos, cosmética, produtos ecolóxicos… Unha oportunidade única de mercar pezas artesanais e de falar cos seus creadores.

Mais Bazares nos Bares non só vai de mercar e vender, senón que haberá outras actividades dirixidas especialmente para as crianzas, como os obradoiros de manufactura de arneses a cargo de Abitelo, os deseñadores de La Canalla ensinarán aos asistentes a estampar as súas propias prendas, a pintora Sara Valcarcel invitará ao público a pintar no seu obradoiro de creación artística e tamén haberá xogos con xiz na rúa. No pub Goma Laca haberá unha zona infantil. Por se fora pouco, unha vez finalizado o mercado, moitos creadores sortearán as súas ilustracións creadas alí mesmo, diante do público.

(GMT+01:00) Churruca