CAMELIAS MASCOTAS

La Iguana Club, o templo do rock vigués, reabre este xoves 13

Amantes do rock e da música en directo, estades de noraboa, xa que o mítico La Iguana Club reabre as súas portas este xoves 13 de setembro despois duns meses pechado. Ademais volve con forza, xa que ten uns cantos concertos confirmados para os próximos meses, e os que quedan por vir!

REVISTA NOVEMBRO

Fachada da Iguana o ano pasado, antes da reforma | Pablo Vázquez

O local de concertos máis antigo de Vigo, nado en 1990, reabre as súas portas tras uns meses pechado, nos que aproveitaron para arranxar unhas fugas de auga e, de paso, darlle un lavado de cara. O que no seu día fora un pequeno ximnasio na rúa Churruca, converteuse co paso dos anos nunha sala de rock n roll referente a nivel estatal. Así, polo seu escenario pasaron artistas como Green Day, Andrés Calamaro, Dee Dee Ramone, Blink 182, Los Planetas, The Offspring ou Burning.

Este xoves 13 ás 23:00 poderemos ver a nova cara da Iguana, que este verán estivo pechada para poder ofrecernos unha versión renovada esta tempada, con paredes recén pintadas, portas arranxadas e focos novos. Aínda que para poder ver un concerto nela teremos que esperar á semana seguinte, xa que na súa reinauguración non haberá música en vivo, o cal non significa que non pague a pena pasarse para bailar unha chea de temazos clásicos e actuais.

Aínda que os tempos non son fáciles, o local rexentado por Billy seguirá na misma liña de sempre á hora de programar os concertos, sendo o rock o eixo central. Así, os concertos que xa coñecemos nos próximos meses serán os de Kurt Baker Combo, o venres 21; Cycle, o 4 de outubro; Lakuto, o venres 12; Stacie Collins, o martes 16; e Fei, o venres 26 de outubro. Cinco actuacións confirmadas das moitas que virán nos próximos meses no templo do rock n roll vigués.

(GMT+01:00) La Iguana Club

The following two tabs change content below.

Pablo Vázquez

Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, é un apaixoado do cine, da música e da fotografía. É director dos documentais 'O profesor', 'The Death: el reencuentro' e 'Cuna de músicos', ademais de coautor do libro 'Son da cidade', o que lle fixo coñecer aínda máis a escena musical viguesa. Ten traballado con distintos grupos e salas da cidade, ademais de participar nos últimos anos como Xurado Novo nos festivais de cine de San Sebastián e Novos Cinemas.