A 5ª Ruta de Pinchos enche Teis de sabor con 18 tapas
Do 7 ao 23 de setembro terá lugar a 5ª edición da Ruta de Pinchos de Teis, no que un total de 18 locais do barrio ofertarán todos os días, de 20:00 a 22:30, o pincho co que buscan gañar este suculento premio. O prezo de cada un será de 1,80€.
Estas dúas semanas, do 7 ao 23 de setembro, viviremos en Teis unha competición gastronómica entre 18 locais da zona. Nesta 5ª Ruta de Pinchos non só poderán gañar un premio os establecementos participantes, senón que nós tamén poderemos. Tras tomar un dos pinchos pediremos que nos selen un folleto, e cando teñamos 5 selos, introduciremos a folla nunha urna coa nosa elección.
Entre todos os votos sortearanse 1 bono para dúas persoas no Gran Hotel Talaso de Sanxenxo e un vale de compra polo valor de 100 €. Non só nos 18 locais mencionados poderemos conseguir o noso selo, xa que haberá unha multitude de locais asociados nos que tamén poderemos conseguilo.
A continuación enumeraremos todos os establecementos participantes e o seu respectivo pincho:
- Bar D’Antonio – Da nosa ría
- Café Badía – Makinigiris badía
- Café Bar A Dorna – Pechuga ave a la cazadora
- Café Bar Ces – Tartaleta wichita ces
- Café Bar Imperial – Mariposa imperial
- Café Bar Sol – Sol de stemebro
- Cafetería Bellmar – Terramar
- Cafetería Zoraya 2 – Toscana
- Cervecería D’Tres – Falso nido de velutina
- Cervecería La Ermita – Patata rellena
- Churrería JR – Callejero
- El Portal del Jamón – La Playa
- Hamburguesería Balbi – Pechuga de pollo a la pimienta con berenjena
- Heladería Venecia – Montaditos dulce de leche y plátano
- Mesón García – Triángulo amoroso
- Tapería A Vieira – Cousas da avoa
- Tapería La Paulina – Chipirones a la plancha sobre patatas a lo pobre
- Tapería Pepito Grillo – La berenjena enrollada
Pablo Vázquez
Últimos posts de Pablo Vázquez (ver todos)
- Buscamos imaxes e historias para manter viva a lembranza do Súbete ao Castro - 20 Novembro, 2024
- Elite Barber Shop: tradición e modernidade - 20 Novembro, 2024
- O “fracaso estrepitoso” do Súbete ao Castro ou como non entender a cultura local - 15 Novembro, 2024
- O Cirque du Soleil volve a Galicia cun orixinal espectáculo en pavillóns - 13 Novembro, 2024
- Reúnese Foggy Mental Breakdown, o ‘dream team’ da música viguesa - 6 Novembro, 2024