VIALIA
bannerPicnicSesions

Mes gastronómico en Teis coa súa VI Ruta de Pinchos

Hoxe presentouse a VI Ruta de Pinchos de Teis, un formato que semella non estar vivindo o seu mellor momento pero que no barrio vigués mantense con forza, coa participación de 13 locais do 6 ao 21 de setembro.

REVISTA ABRIL

Mañá comeza a VI Ruta de Pinchos de Teis, onde 13 locais da zona ofertarán a súa mellor tapa para conseguir os votos da xente. Terá lugar do venres 6 ao sábado 21 de setembro, todos os días da semana de 20: a 22:30 (excepto pechado por descanso).

Cada vez que acudas a un dos establecementos participantes podes solicitar que te selen o recadro correspondente do seu local. Cando xuntes un mínimo de cinco (un deles pode ser tamén dalgún dos moitos locais asociados da Zona Teis CCA), escolle o teu pincho favorito e deposita o folleto nalgunha das urnas que atoparás. Entre todos os votos sortearase un bono para dúas persoas no Gran Hotel Talaso Sanxenxo, ademais dun vale de compra valorado en 100€.

A continuación a lista dos locais participantes co nome do pincho ao carón:

  • D’Tres – La Niña Bonita
  • Bellmar – Rollo Pollo
  • Café Badía – Calamardo Thai
  • Café Bar A Dorna – Delicias del Mar
  • Café Bar D’Fer – Volovan de pulpo con tetilla
  • Café Bar Imperial – Solomillos Daneses
  • Café Crem – Tartar de Ternera Crujiente
  • D’Antonio – Bocado do Monxe
  • El Rincón de Pato – Uramaki relleno de lacón con grelos
  • La Ermita – Arepa rellena de pollo
  • Pepito Grillo – Cestita Chipi-Cham
  • Xuntos – Otro Mar
  • Zoraya 2 – Frodo

(GMT+01:00) Mercado de Teis