32m², ButacaZero

Mar e Xan son unha parella fóra do común que vive nunha rutina común ata que, de súpeto, o mundo detense e as súas vidas vense reducidas ás catro paredes do seu piso de 32 m². O novo espectáculo da compañía viguesa ButacaZero, formada por Esther Carrodeguas na dramaturxia e Xavier Castiñeira na dirección, é un enredo que pon en escena o confinamento derivado da pandemia da COVID-19. Sobre as táboas, Nuria Gullón e Xurxo Cortázar, con música orixinal do xenial Rodrigo Cuevas, escenografía e iluminación de Bea de Vega e vestiario de Alicia Root. En palabras de Castiñeira, 32m² é «máis que unha obra de teatro, unha forma de reaprendermos desde a indulxencia». A compañía considerou que a situación actual era idónea para lle dar unha volta ao clásico Á espera de Godot, de Samuel Beckett, e achegalo a estes tempos de máscaras e xel hidroalcohólico. Porque, que pode ser máis absurdo que o feito de sentir alleo o propio fogar? Carrodeguas convídanos a unha viaxe«cara ao noso pasado, do que esperamos que nos axude a vivir o futuro». O venres 12 e o sábado 13 –xusto un ano despois de todo–, podemos entrar no lar de Mar e Xan desde as butacas.
#culturasegura #nonnoscanceles
Data e hora: Venres 12 e sábado 13, ás 20.00 h
Lugar: Auditorio Municipal do Concello de Vigo
Entrada: 8,00 €
Ernesto Is
Últimos posts de Ernesto Is (ver todos)
- ‘Volátil’, Constance Hurlé e Paulo Maestro na Sala Kominsky - 22 Xullo, 2022
- ‘A que non podes dicir Coca-Cola? (II)’, de AveLina Pérez - 2 Xuño, 2022
- ‘El diablo en la playa’, de Matarile Teatro - 31 Marzo, 2022
- ‘MEMO’, de Teatro Ensalle - 23 Marzo, 2022
- ‘Ragazzo’, de Barrosanta - 8 Febreiro, 2022