14 artistas vigueses entre os candidatos aos Premios MIN
Tedes ata o 10 de febreiro para votar por algún dos catorce artistas locais que son candidatos aos Premios MIN, os galardóns da música independente que se celebran cada ano desde 2009. As bandas e artistas que representarán á nosa cidade serán: Son Trío, Najla Shami, Wöyza, Presumido, dani, Mon Band, Villanueva, Bifannah, Caldo, Fon Román, Los Marcianos, Pablo Lesuit, Sen Senra e Tinta.
Ni máis nin menos que 14 artistas locais, xunto cunha chea grupos do resto de Galicia, son candidatos a alcanzar as semifinais nestes prestixiosos galardóns que son os Premios MIN. O sistema de votación é o seguinte: entrar nesta ligazón, rexistrarse, verificar a conta no teu correo electrónico e, finalmente, votar polo teu artista favorito en cada categoría.
A continuación, unha listaxe cos artistas locais que podemos atopar entre os candidatos e en que categorías os podemos votar:
- Son Trío: Artista emerxente, Canción do ano, Álbum, Álbum de clásica, Álbum en galego, Produción musical.
- Najla Shami: Artista, Canción do ano, Álbum, Álbum de músicas do mundo e fusión, Produción musical.
- Wöyza: Grabación de músicas urbanas.
- Presumido: Artista, Canción do ano, Álbum, Álbum de pop, Produción musical, Videoclip.
- dani: Canción do ano, Produción musical, Videoclip.
- Mon Band: Artista emerxente, Canción do ano.
- Villanueva: Artista, Canción do ano, Álbum, Álbum de pop, Produción musical.
- Bifannah: Artista, Álbum, Álbum de músicas del mundo e fusión.
- Caldo: Álbum de músicas del mundo e fusión.
- Fon Román: Artista, Canción do ano, Álbum, Álbum de pop, Videoclip.
- Los Marcianos: Artista emerxente, Canción do ano, Produción musical, Videoclip.
- Pablo Lesuit: Videoclip.
- Sen Senra: Artista, Canción do ano, Álbum, Álbum de pop, Produción musical, Diseño gráfico, Videoclip.
- Tinta: Artista emerxente, Canción do ano, Videoclip.