REVISTA ABRIL

#SesiónsAM 13: Fon Román

Fon Román, o que fora guitarrista e un dos principais compositores de Los Piratas, volve á súa casa despois duns cantos anos lonxe dos escenarios e da música en xeral. E faino cun novo disco baixo o brazo, La chispa, la llama y el humo. Un traballo íntimo, coidado e luminoso que presentará o sábado 19 en La Fábrica de Chocolate nun concerto que promete ser moi especial.

Pasouse polos estudios de CiesPodcast e grabamos como interpretaba un dos seus novos temas.