REVISTA ABRIL

#SesiónsAM 11: Presumido

O dúo de pop electrónico, xunto con Baiuca, deu comezo ao ciclo Solpores do Museo, no Museo do Mar. Neste concerto interpretaron El Rey Azotado, un dos temas que poderemos ver recollidos no seu longa duración Cuatro Estaciones. Tamén veñen de sacar Soñar a la carta, o single do EP Verano, cun videoclip que homenaxea á Rear Window de Hitchcock. O 2 de novembro presentarán en La Fábrica de Chocolate o seu ansiado traballo.

Pinchando nesta ligazón poderás atopar máis artigos de Presumido na nosa páxina, como entrevistas ou crónicas de concertos.