VIALIA
PLAYDOC

Presenza viguesa entre os finalistas aos Premios Martín Códax

As Bodegas Martín Códax, en Cambados, acolleron este mércores 24 de abril a festa de finalistas dos 11º Premios Martín Códax da Música. Máis de 50 grupos, artistas e proxectos agardan agora pola votación das socias e socios de Músicas ao Vivo e, como gran novidade desta 11ª edición, o público xeral.

As Bodegas Martín Códax, en Cambados, acolleron este mércores 24 de abril a festa de finalistas dos 11º Premios Martín Códax da Música. A partir das seis e media da tarde foron nomeándose as corenta e cinco bandas e artistas, tres por categoría, que pasan á recta final da edición 2024, tras a votación do xurado profesional. Foron desvelados ademais os nove proxectos finalistas nos tres Premios Organistrum: Salas, Festivais, e Comunicación e Difusión Musical.

Tamén, os artistas seleccionados na categoría máis noviña dos premios, a de Artista Emerxente, instaurada en 2022 e na que este ano son finalistas Leria, Mondra e Gloria Pavía. Cincuenta e sete proxectos recolleron un agasallo das Bodegas Martín Códax en recoñecemento da súa inclusión na fase final de votación. A partir do 25 de abril e ata o 12 de maio, as socias e socios de Músicas ao Vivo poden votar os seus favoritos e, como gran novidade desta 11ª edición, o público xeral.

Entre o 18 de marzo e o 13 de abril o xurado profesional dos Premios tivo a encomenda de seleccionar os proxectos finalistas entre as máis de catrocentas candidaturas presentadas. O xurado 2024 estivo formado por Pilar G. Rego, xornalista e comunicadora na Televisión de Galicia desde 1989, especializada en contidos culturais e presentadora do programa Zigzag; Elena Vázquez, violinista, improvisadora e mestra desde hai mais de vinte anos anos e parte de grupos como Suelen Estar Quartet, Cuarteto DumkaLeira Papaia e Trilitrate; Alberto Busto, guitarrista e voz en Arrhythmia , guitarrista en Rebeliom do Inframundo e tamén streamer de música en galego en Twitch; Maritxinha, baixista que comezou na interpretación musical en Bruxelas e que forma parte de diversos proxectos musicais galegos como Udra, premiado o pasado ano na categoría Blues, Funk e Soul; e Cao de Mos, responsable da Sala Rebullón no concello de Mos, que tamén foi galardoada en 2023 na categoría de Salas dos Organistrum.

Maritxinha, membro do xurado | P. Vázquez

Como é habitual cada ano, Vigo e comarca estiveron ben representados por numerosas bandas, artistas e proxectos. Así, atopamos a Raposa e Woyza & The Galician Messengers en Músicas do Mundo e Mestizaxe; América de Vigo en Orquestras; Youcanthide e Her Anxiety en Metal e Heavy; Lontreira en Electrónica; Diego Alonso e Orquestra Galega de Liberación (algúns dos membros son vigueses) en Jazz e Músicas Improvisadas; o redondelán Rodri Míguez en Proxectos de Comunicación e Difusión e o Festival EmigraSON, con parte da organización viguesa, en Festivais.

Lontreira no EmigraSon | P. Vázquez

Blues, Funk e Soul: Brais Morán & Nasaufunk, O Cadelo Lunático, Martins Aneiros Band

Folk: Caamaño & Ameixeiras, Susana Seivane, De Ninghures

Músicas do Mundo e Mestizaxe: Catuxa Salom, Raposa, Woyza & The Galician Messengers

Canción de Autor/a: Antía Muíño, Guadi Galego, A Pedreira

Músicas Urbanas: Ash Dizhydn, C Miranzo

Orquestras, Grupos e Música de Verbena: América de Vigo, Burgas Big Band, Orquesta Charleston

Metal e Heavy: Youcanthide, Her Anxiety, Rymer

Bandas de Música Popular: Agrupación Musical de Goián, Banda de Música Municipal de Silleda, Banda de Música Unión de Guláns

Música Tradicional: Malvela, Mediarea, Os Melidaos

Música Infantil: A Gramola Gominola, Uxía Lambona e a Banda Molona, Pakolas

Música Clásica e Contemporánea: Fabio Álvarez, Carme López, Juan Eiras

Electrónica: Mondra, Lontreira, Grande Amore

Jazz e Músicas Improvisadas: Orquestra Galega de Liberación, Pablo Sanmamed Trío + Benxamín Otero, Diego Alonso

Rock e Punk: MolochTerbutalina, Mad Martin Trío

Pop e Indie:The Rapants, Lucía Aldao, Måi

Finalistas Organistrum:

Proxectos de Comunicación e Difusión: Miudiño Sessions, O TikTok de Rodri Míguez, Revista Rebelico

REVISTA MAIO

Festivais: Galegote, EmigraSON, As Nosas Músicas de Couso

Salas: Mardi Gras, A Pousada da Galiza Imaxinaria, A Arca da Noe

Finalistas Artista Emerxente: Leria, Mondra, Gloria Pavía