VIALIA
PLAYDOC

Día da Danza, concertos e espectáculos locais esta fin de semana en Vigo

Para compensar que volve o mal tempo temos unha chea de actividades para aproveitar a fin de semana en Vigo: Día da Danza, concertos de música local, teatro de compañías viguesas… Preme no título de cada evento para máis información. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida.

Youcanthide | Belmont

VIGO PORTÉ – De xoves a domingo no Mar de Vigo – Varios prezos

O certame de baile internacional Vigo Porté celebrarase os días 25, 26, 27 e 28 de abril no Auditorio Mar de Vigo. Acudirán bailaríns de 38 escolas de baile do panorama nacional e internacional que representarán 401 coreografías. As escolas de baile participantes competirán por facerse cos primeiros premios da cuarta edición do Trofeo de Baile Internacional “Vigo Xacobeo”.

Seguindo coa danza, o luns 29 é o Día Internacional da Danza, polo que esta fin de semana temos varios eventos relacionados con esta disciplina. Vigocultura programa tres espectáculos no Auditorio do Concello: Emigrantas o venres ás 20:00, Qualia o sábado ás 20:00 e 361º o domingo ás 18:00. Pola súa banda, a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais propón catro eventos o sábado ás 19:00 en diferentes localizacións: diante do Marco, na peonil do Calvario, na Praza do Emigrante (Travesas) e no Mercado de Teis.

EPECTÁCULO MARINITA Y SUS MAROMAS – Venres ás 20:00 no Auditorio Municipal de Teis – 10,00€

Novo espectáculo de Cabaret da compañía local Marinita y sus Maromas. Todos os meses estrean un espectáculo diferente con bailes individuais, en parellas, en grupo, transformismo con cancións en playback, números acrobáticos, monólogos e escenas de humor para facer unha reflexión sobre a sociedade actual, o xénero, as relacións humanas e a diversidade.

CONCERTO ELADIO Y LOS SERES QUERIDOS – Venres ás 21:00 en Sinattra Club – 13,00€

Despois de bastante tempo sen tocar na súa cidade, Eladio y los Seres Queridos repasarán a súa discografía nun concerto que abre a súa xira de 2024.

Eladio y los Seres Queridos | Cedida

CONCERTO YOUCANTHIDE + NUEVA APOSTOL – Venres ás 21:30 na Sala Masterclub – 10,00€

A banda local de rap e metal, formada por Kaixo e Kings of the Beach en 2019, presenta o seu recén publicado segundo álbum Guerra en directo. A través dun estilo propio despregan dez cancións cheas de rabia, melancolía e distorsión. Crise, alienación, fracaso, insatisfacción, frustración… son algunhas das palabras que definen este disco, máis melancólico e reflexivo que o seu predecesor.

FESTIVAL MOSKA ROCK – Sábado desde as 18:00 na Sala Rebullón – Desde 12,00€

Segunda edición do festival organizado pola asociación xuvenil Asociación MoSkaRock. Actuarán as bandas Liorta, Cuarta Xusta, Satxa, Sustanciados, To-Xo eResiduos do sistema.

CONCERTO IMPROVISIONAL SUELEN ESTAR QUARTET – Sábado ás 20:00 no Teatro Ensalle – 10,00€

Cuarteto de cordas nacido en Vigo no 2011. Desenvolve o seu traballo de investigación arredor da improvisación libre e a experimentación dentro da música contemporánea. Teñen participado en festivais como ImaxinaSons, Wos INC, Sin Sal, Zarata Fest, CGAC, Catropezas, entre outros. Así mesmo, o cuarteto forma parte fundamental da Orquestra Galega de Liberación, do Ensemble Liberdade, Satélite Salitre e colaboran con diferentes artistas contemporáneos e grupos como Sumrrá, Christina Vantzou, Dorian Wood ou a bailarina Mónica García.

ESPECTÁCULO ‘PERDER A LINGUA’ – Sábado e domingo ás 20:00 na Sala Ártika – Desde 10,00€

Proposta escénica interdisciplinar contemporánea de longo formato creada por Eva Comesaña, que propón unha viaxe sonora, visual e sensorial a través da interacción entre danza, música e visuais.  Xorde da conexión entre corpo – paisaxe – linguaxe, unha relación máxica e poética onde a onda de son que deixa unha persoa ao falar semella a paisaxe coa que se relaciona.

Eva Comesaña | Cedida

CONCERTO LOITA AMADA – Sábado ás 21:00 na Sala Doppler – 10,00€

REVISTA MAIO

Novo proxecto de Jasper, exlíder da banda NAO, onde se propón levar a canción protesta galega cara novas sonoridades. Acompáñao a pandereteira Nébeda Piñeiro.

CONCERTO DAVID REES – Sábado ás 21:30 en La Fábrica de Chocolate – 15,00€

Este talentoso cantautor español é recoñecido polas súas cancións orixinais que exceden personalidade e luz, levando o seu fenómeno musical desde a intimidade da súa habitación ata os escenarios máis grandes. Nacido en Málaga e criado en Zafra (Badaxoz), David Rees fusiona as súas raíces británicas coa súa paixón pola música desde unha idade temperá. Con todo, non foi ata que comezou a explorar as redes sociais mentres estudaba Psicoloxía na Universidade de Salamanca que a súa carreira artística tomou impulso, Con éxitos como “El Y Ella” e “Girasol”, David Rees conquistou ao público co seu primeiro EP independente, “Ojos”. A súa notoriedade disparouse en 2019 co lanzamento de “De ellos Aprendi”, levándoo a gravar o seu primeiro álbum de estudo, “Amarillo”, que inclúe éxitos como “Diamante” e “Corazón de Limón”.