ASNEVES
REVISTA MAIO

361º

28abr18:00361ºESPÉCTACULOS| 5,00€18:00(GMT+02:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

Tránsito é un proxecto de investigación artística co-creado por Clara Raíña e Ana Donoso Moura, que combina o circo e o teatro físico con procesos de creación a través da danza butoh, a anatomía experiencial, o traballo vocal, as artes plásticas e a técnica do hula hoops. A nosa finalidade é ocupar un espazo como mulleres artistas dentro do panorama cultural e especialmente en circo, sendo fieis ás nosas necesidades e ao coidado de todas as persoas implicadas no proxecto. En 361ºGRAOS facemos a nosa interpretación simbólica da realidade e da Teoría do Caos. Traducimos na escena as emocións que percibimos como caóticas, na incansable necesidade humana de ordenalas. Porque o caos vivímolo con medo e o medo paralízanos. Neste espectáculo percorremos o camiño de aceptar que o caos é parte da vida, é a súa expresión natural, e como tal é xerador de luz e escuridade, e parte de nós. A morte de alguén, o nacemento, namorarnos, un accidente, unha nova persoa, un novo traballo, un grupo de whatsapp que non para… calquera evento que nos axite ten o mesmo orixe que o universo. O caos e 361ºGRAOS é a nosa “pareidolia” do mesmo. Cando nas minchas vemos unha tartaruga, tartaruga é unha “pareidolia”. Unha pareidolia é un efecto psicolóxico que fai a nosa mente para darlle orde ao caos, poñer nome e forma a aquilo que o noso cerebro non recoñece. 361ºGRAOS, é a nosa propia pareidolia da Teoría do Caos. Unha obra existencialista que traduce en imaxes a necesidade de ver o mundo como un fluxo de acontecementos (recordos) móbiles, con saltos inesperados, dinámicos e non lineais. Queremos aceptar que o Caos é o estado natural da vida. Sempre está a oportunidade de dar un xiro máis, antes que todo acabase. Parece circo, pero non o é do todo. Parece danza, pero non o é do todo. Parece unha instalación, pero non o é do todo. Creo que é un poema.

Máis

Hora

(Domingo) 18:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events