CANS
GALAXIA

QUALIA

27abr20:00QUALIAESPÉCTACULOS| 5,00€20:00(GMT+02:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

LAD Dance Company é unha compañía de danza urbana e contemporánea creada en 2020 co fin de dar cabida a novos artistas creando novos traballos continuamente para obter unha carteleira ampla e de calidade tanto en danza urbana como en danza contemporánea, contando tanto con coreógrafos consolidados no panorama nacional e internacional como con novos coreógrafos emerxentes, dando lugar a un amplo abano de opcións á disposición dos espazos e concellos interesados. A dirección está composta por Pablo del Pozo García (Toledo, 1995) e Iago Alonso Abad (Foz, 1994) No noso día a día creamos lugares onde sentirnos seguros, tranquilos e arroupados. Temos unha idea preconcibida desta “zona de confort” como un refuxio inalterable, onde nada nin ninguén pode entrar. Sen embargo, a realidade é outra. A enerxía das persoas pode influír neste lugar alterándoo de diversas formas. En Qualia exploramos esta inestabilidade dende o noso lado máis humano. O escenario convértese nun campo de batalla e, no seu centro, un lugar iluminado onde atopar esas sensacións que tanto anhelamos. Catro bailaríns serán os encargados de remover esa enerxía para demostrarnos que nada é o que parece.

Máis

Hora

(Sábado) 20:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events