VIALIA
PLAYDOC

Valeria Castro, a Vigbay e Mercado Reciclado entre os plans máis atractivos esta fin de semana en Vigo

A segunda fin de semana de abril chega con altas temperaturas e chea de actividades culturais. Haberá humor, concertos, baile e feiras e unha boa oferta de actividades para familias. Se queredes coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida.

Valeria Castro actúa este sábado no Auditorio Mar de Vigo

BATALLA DE DJ – Venres ás 22:00 h en Island – Desde 5,00 €

Un ano máis Swing on procura o mellor DJ de swing de 2024. A batalla contará con catro actuacións e será o público quen decida o mellor cos seus aplausos. Este ano como novidade, tamén haberá competición de baile, na que podes gañar uns premios ben molóns. Toda a información na web dos organizadores.

‘SECRETITOS DE DESVÁN’ – Sábado e domingo en Kenguru – 16,00 €

Zumo Animaciones volve a Kenguru no mes de abril cunha nova obra de teatro sensorial para nenos de 0 a 5 anos, baixo a luz negra: ‘Secretitos del desván’. Entre o sábado 13 e o domingo 14 haberá un total de dez pases de trinta minutos cada un. Xa se poden facer as reservas a través da páxina web de Kenguru.

MERCADO RECICLADO – Sábado de 12:00 a 21:00 h en Simia – De balde

Evento mensual organizado por Felicetta Gualtieri. Esta esdición celébrase en Simia e contará únicamente con postos de oupa de segunda man e vintage, incentivando a facer un cambio de armario concsiente de cara a primavera. Durante todo o día haberá sesións DJ e concertos.

ENTROIDO PRIMAVERA – Sábado ás 18:00 h na Alameda de Bouzas – De balde

Entroido de primavera organizado pola Cultural de Bouzas. Haberá tatuaxes para nenos e música en directo co grupo Sehiba desde o palco.

‘CORENTENA’ – Sábado ás 20:00 e 22:30 h no Teatro Afundación – Desde 10,00 €

David Perdomo e Xosé A. Touriñán recuperan o formato de diálogo improvisado que fixeron popular durante a corentena. Daquela a través de directos de Instagram, agora en directo nos teatros. En ‘Corentena’, os dous cómicos rescatan algúns dos personaxes recorrentes daqueles directos, recreando de xeito artesanal os efectos e filtros cos que se caracterizaban, e tamén nacen novas historias nun espectáculo no que a improvisación e a complicidade co público son as protagonistas. Cóntannos máis neste artigo e nesta conversa en formato reels.

VALERIA CASTRO – Sábado ás 21:00 h no Mar de Vigo – Desde 22,00 €

Concerto da cantautora canaria coñecida pola dúa voz delicada e conmovedora, capaz de evocar profundas emocións. No seu álbum debut, titulado “con cariño y cuidado”, bríndanos unha introspección persoal, un exercicio de autoestima e amor propio. Estivo nominada aos Latin Grammy e os Premios Goya.

GRIMA – Sábado ás 21:30 na Sala Kominsky – Desde 10,00 €

Dúo de pontevedra formado por Laura García e Facundo Pardo que interpretan temas enérxicos de actitude puink e son stoner e metal.Podes consultar aquí toda a programación para este mes na Sala Kominsky.

THE ELVIS CONNECTION – Sábado ás 22:00 h na Sala Rebullón – Desde 10,00 €

Banda liderada polo crooner de Vigo, Alberto Cunha, e que conta na banda con músicos da cidade de ampla traxectoria: Andrés Cunha (batería), David Vázquez (piano), Chus Dasilva (baixo), Paulo Pascual e Javier Soto (guitarras). O repertorio está formado por éxitos de Elvis Presley.

VIGBAY – Domingo ás 10:30 h desde Samil

REVISTA ABRIL

A proba de atletismo pasará por Vigo, Nigrán e Baiona e encherá as rúas das nosas costas con miles de corredores. A carreira arranca ás 10:30 h desde Avenida Samil, á altura da entrada do hotel Attica21. As inscricións xa están pechadas.

CANTAJUEGO – Domingo ás 17:00 h no Mar de Vigo – Desde 15,75 €

CantaJuego presenta o seu novo espectáculo ‘Burbujas’, un show con novas e creativas cancións, cheas de marcha e enerxía para cantar e bailar, que compartirán lugar coas favoritas de sempre.