CANS
XERAIS

'Secretitos del desván'

14abr11:00'Secretitos del desván'PEQUERRECHOS | 16,00 €11:00(GMT+02:00) Kenguru

Detalles do eventos

Zumo Animaciones volve a Kenguru no mes de abril cunha nova obra de teatro sensorial baixo a luz negra: ‘Secretitos del desván’. Entre o sábado 13 e o domingo 14 haberá un total de dez pases de trinta minutos cada un; xa se poden facer as reservas a través da páxina web de Kenguru.

Trátase dunha micro-obra creada para pequerrechos de 0 a 5 anos que se representa a grupos moi reducidos (de 20 persoas). Desta forma os nenos entran de cheo dentro da maxia do espectáculo e son partícipes das aventuras do seu protagonista, Carlitos, compartindo con el emocións, podendo tocar os elementos da obra, sentindo o aire, as luces e as cores. Carlitos é un neno moi valente que un día decide subir ao faiado para descubrir os segredos que esconde a súa avoíña. O chapeu máxico que atopa no cofre fará que se transporte a unha selva chea de cores e animais cos que descubrir novos sons e lugares. Carlitos descubrirá os misterios do faiado e, mediante a viaxe, descubrirá novas sensacións e personaxes. Un paxaro que se move con moito ritmo, unha bolboreta que brilla, unha araña moi travesa. O tacto da natureza, a humidade da chuvia caendo sobre a pel, os movementos que nos inspiran novos ritmos…

Proponnos unha estimulación sensorial que reforza o crecemento e desenvolvemento do bebé a través de varias líneas de traballo:
– A luz negra. Resalta os elementos da obra deixando en escuro o resto. Todo brilla cunha luz máxica sobre o fondo, o que facilita ao bebé poder seguir as formas e os elementos coa mirada.
– A música. Que axuda a transmitir emocións aos nenos para que compartan estados de ánimo co protagonista da obra. Tamén reforza o ritmo e a sociabilidade.
-O movemento. A través da danza e a expresión corporal, a cativada entra na historia e traballa a concentración e a atención.

Pases:
-Sábado 13 ás 11:00, 11:45m 12:30, 17:00, 17:45, 18:30 e 19:15 h
-Domingo 14 ás 11:00, 11:45 e 12:30 h
Prezo:
-De 6 meses a 99 anos:16,00 €
-De 0 a 6 meses: 8,00 €

Máis

Hora

(Domingo) 11:00(GMT+02:00)

Localización

Kenguru

Av. do Rebullón, 7, 36416 Pontevedra

Other Events