Zalo de Paramos (Tenente Almeida)
Cal é o papel do Tenente Almeida na Reconquista?
Era coñecido como o tenente Almeida, pero el reivindicábase así mesmo como xeral. Mandárono para aquí despois de degradalo. O home estaba moi resentido e, por iso, reivindicaba sempre que era un alto mando. Parece ser que era un tipo bastante “fanfarrón”, aínda que non se sabe moito da súa personalidade.
E cos poucos datos que temos sobre o Teniente Almeida, con que elementos xogas para representalo?
O que se sabe de el é que era un tipo moi “gabacho”. Entón, o que se representa é un tipo que tira para adiante, que corrixe ao alcalde cando non lle chama xeral… Unha especie de buscavidas. Eu recibín esta información dun estudoso que deu unha conferencia, hai moitos anos, sobre o Tenente Almeida e quedei coa copla.
Entón, interesouse primeiro polo persoeiro do Tenente Almeida e logo representouno ou ao revés?
Non. O primeiro ano da representación fixen de Cachamuiña. E no segundo ano, que foi cando se incorporou o personaxe de Almeida, foi tamén cando tivo lugar a conferencia da que che falei antes. Foi todo xunto, a verdade.
Que destacarías do papel de Almeida na representación da Reconquista?
É a parte máis “bufa”, humorística… Almeida é en si mesmo como unha caricatura do militar que lle gusta presumir. É a parte máis cómica.
É un personaxe secundario de luxo, é moi vistoso, pero ten unha intervención mínima, claro.
Como é interpretar, entón, a un persoeiro de esas características?
Eu divírtome moito. Ademais, o texto que digo na representación foi escrito por min.
Autor e actor, daquela?
Si. Neste caso si.
Que espera do gran día?
Que a xente o pase ben… Eu creo que tampouco hai que ser moi pretenciosos.
Eva M. Porto
Últimos posts de Eva M. Porto (ver todos)
- Pablo Rodríguez: «En Madrid vendeuse máis en galego que en castelán» - 11 Maio, 2020
- Ana Fontenla: «Hai moita calidade na literatura galega, creo que é unha bomba que vai estoupar» - 11 Maio, 2020
- Mónica Bernández e Miguel Lima: «O galego fai barrio e o barrio fai galegofalantes» - 11 Maio, 2020
- Miss Toxo, 50% haterismo e 50% feminismo - 16 Maio, 2019
- Coruxo Móvese pola inclusión - 7 Maio, 2019