Xogos acuáticos e solidarios para cans este sábado no Náutico
Este sábado día 1 tes a oportunidade de pasar a tarde xogando na auga co teu can No Náutico de Vigo. Organizado por Yaracán, o Real Club Náutico e Candatí, parte da recaudación irá destinada á protectora de animais de Tui ALOIA.
A partir das 16:30, o sábado 1 de setembro a túa mascota e ti tedes unha cita ineludible no molle do Náutico, na rúa Las Avenidas. Alí, o propio Club Náutico e as asociacións Yaracan e Candatí organizan unha xornada de actividades acuáticas para cans máis os seus guías. Estas serán circuitos e xogos na auga, charlas de como estructurar este tipo de xogos, propiocepción e introducción aos cans á auga por primeira vez.
A tarde estará repartida en dúas etapas. Na primeira, traballarase o equilibrio, a confianza e o vínculo entre perro e guía na zona da rampa do Náutico. Alí contaremos con tablas de surf, paddel surf, optimist, kaiak e un donuts xigante. Según o atrevido da mascota se escollerá un elemento ou outro.
Na segunda, haberá multitude de xogos náuticos como o cobro de xoguetes na auga, percorrido a nado co teu can ou xogos no pantalán. Entre as dúas etapas haberá un pincho para que os/as asistentes tomen un respiro e collan forzas para o que queda por diante.
Recoméndase o uso de arnés e correa como medida de suxección durante as actividades, e chaleco salvavidas para cans no caso de dispor dun. Tamén haberá traxes de neopreno que se poderán alugar no momento de realizar a inscripción, indicando a talla. O importe do aluguer irá destinado a asociación ALOIA, a protectora de animais de Tui.
O prezo varía segundo o número de guías que vaian con cada can: un guía serían 20€ e dous serían 27€. On nenos e nenas poderán acudir de balde a todas as actividades. Por este prezo, o cal irá en parte adicado a ALOIA, inclúe participar en todos os xogos e charlas, cobertura de seguro de accidentes, premios para os cans e pincho con bebida.