CASAACUNHA

A libraría AIDA recolle pesetas para proxectos solidarios

Xa que ao rematar este ano xa non poderemos cambiar as nosas antigas pesetas por euros, as librarías AIDA Books&More ofrecen unha segunda e solidaria vida a estas moedas e billetes. O equipo encargarase de realizar o cambio e destinar eses fondos aos seus proxectos de cooperación. Poderás facelo no seu establecemento na rúa Ecuador 45 ata o 6 de decembro.

Este mes de decembro finaliza o prazo para poder cambiar as antigas pesetas por euros. O cambio só pode realizarse nalgunhas sedes do Banco de España entre as que non se atopa Vigo. Por ese motivo, a rede de librerías solidarias AIDA Books&More lanzou a campaña “Dá unha segunda vida ás túas pesetas”, convidando á cidadanía a que doen as súas moedas en calquera das librerías solidarias da rede.

Banner A Movidiña

O equipo de AIDA (Ayuda, Intercambio y Desarrollo), primeira librería solidaria de España, encargarase de realizar o cambio e destinar eses fondos aos seus proxectos de cooperación en Guinea Bissau, Marrocos, Senegal, Líbano e Bangladesh, que teñen como obxectivo facer que os Dereitos Humanos sexan unha realidade no mundo.

No caso de Vigo, as pesetas poderán entregarse ata o día 6 de decembro na librería AIDA Books&More situada na rúa Ecuador, 45. As persoas que se acheguen poderán levar un libro dunha selección realizada no marco desta campaña.

Estas librerías poñen á venda libros doados para financiar, cos beneficios, os proxectos de cooperación da ong. Todas elas son xestionadas por persoas voluntarias que dedican ao proxecto unhas horas á semana. Ademais, antes da crisa sanitaria, tamén organizaban actividades e obradoiros culturais no seu establecemento.