Coral Casablanca, Kinky Boots e eventos solidarios esta fin de semana en Vigo
Chegamos case ao ecuador do mes de decembro cunha variada oferta cultural para a fin de semana en Vigo: festivais de cine, feiras de arte, mercados de roupa, concertos en salas e teatros, espectáculos variados e eventos solidarios. Preme no título de cada evento para máis información. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida.
CITYBLUE FILM FESTIVAL – Ata o domingo no Auditorio do Concello – De balde
Do 11 ao 14 de decembro celébrase a oitava edición do CityBlue Films Festival. Este ano participaron 832 películas de 42 países, das cales foron seleccionadas e serán proxectadas 32 películas con entrada gratuíta.
VARCO – Do xoves ao domingo no Mar de Vigo – De balde
O Auditorio Mar de Vigo acollerá do 12 ao 15 de decembro VARCO (Vigo Arte Contemporánea), un gran evento arredor da arte que busca converterse nunha das grandes referencias no noroeste da península. Un dos principais acenos de identidade de VARCO será a interacción directa dos artistas co público, que poderá adquirir obras de arte únicas sen ningún tipo de intermediario. Os artistas estarán presentes durante eses días para falar das obras co público e compartir a súa experiencia cos visitantes.
JALEO VILLAGE – De venres a domingo en MUTA – De balde
Mercado de roupa vintage a 10 € que se celebra toda a fin de semana en MUTA. Un evento idóneo para renovar o armario e darlle unha segunda vida a moitas prendas.
FLASHMOB SOLIDARIO – Venres ás 19:00 no CC A Laxe – De balde
Esta iniciativa pretende reunir ao máximo número de persoas que estean dispostas a aprenderse a coreografía amenizada co himno propio que compuxeron desde a organización “ONDE VIVE O NADAL” co fin de colaborar co Banco de Alimentos de Vigo. Na canción, participan artistas como Teté Delgado e María Otero, Marian Castro, María José Pastoriza e Raquel Valle (tres cantantes da Coral Casabranca que participaron no himno do Celta de C. Tangana) e o novo Dobby.
KINKY BOOTS – Venres e sábado no Mar de Vigo – Desde 43,00 €
O Auditorio Mar de Vigo será o único escenario galego en acoller o fenómeno musical Kinky Boots, que aterrará os días 13 e 14 de decembro con tres funcións exclusivas. Procedente dos escenarios máis prestixiosos do mundo, desde a súa estrea en Broadway en 2013 ata exitosas producións en Londres, América Latina, Australia e Xapón, esta nova adaptación chega de novo a España da man de Theatre Properties en coproducción con Rimas Europe en colaboración co grupo Eventix. Kinky Boots non é só un musical; é un fenómeno cultural. Gañador de 6 premios Tony, incluído Mellor Musical, e nomeado a 13 categorías, tamén obtivo un Grammy ao Mellor Álbum de Teatro Musical, consolidándose como un dos títulos máis relevantes da última década. Con música da lendaria Cyndi Lauper e un libreto de Harvey Fierstein, a obra combina humor, emoción e mensaxes universais sobre a aceptación e a diversidade.
HEY HEMATOMA – Venres e sábado ás 22:00 en La Fábrica de Chocolate – Desde 15,00 €
Hey Hematoma é un grupo formado por músicos cun amplo e sonora bagaxe ás súas costas: Javier Soto (Siniestro Total, Resentidos…) ás voces e a guitarra, Andrés Cunha (Siniestro Total, High Serras, Resentidos…) á batería, Alberto Cunha (showman, cantante e actor de recoñecida experiencia) á voz e a guitarra e Chus da Silva (The Ol´Boys, The Elvis Conecction) ao baixo. Coa colaboración especial dun dos fundadores de Siniestro Total á guitarra e a voz, Miguel Costas. A banda repasará algúns dos grandes éxitos do grupo vigués máis importante de todos os tempos.
Como cada ano, a Coral Casablanca e a Orquestra de Vigo únense nun concerto especial de Nadal, que este ano cumpre a súa 68 edición.
MELODIAM – Sábado ás 21:30 na Sala Kominsky – 8,00 €
Con raíces en Galicia e base en Berlín, Melodiam preséntanse en directo na Sala Kominsky de Vigo. O seu concerto as fixo gañadoras do concurso Conxefest o pasado mes de setembro, e agora regresan á cidade para estrear as súas novas cancións. Melodiam celebra a diversidade, a autoexpresión e o poder da música para unir ás persoas. Música urbana que abarca desde vibrantes festas de reguetón queer no frío inverno berlinés, ata narrativas irónicas sobre a pandemia, pasando por himnos ao empoderamento así como cancións máis experimentais. Tras xirar por Arxentina e Chile, continúan traballando en novas cancións. Un repertorio feminista, reivindicativo e empoderador co que ofrecen unha experiencia visual e sonora cautivadora, adaptada aos tempos de cambio nos que vivimos.
SUKRAM: FESTA SOLIDARIA CO SÁHARA OCCIDENTAL – Domingo ás 17:30 no CC Vialia – De balde
Sukram, gracias en Hassanía, é o nome desta festa gratuíta que vai arrancar ás 17:30 h coa actuación de Peter Punk Pallaso e o seu espectáculo ‘Chungo que te cagas’. A parte central do evento, vai consistir nunha poxa solidaria feita en colaboración con seis colexios públicos de Vigo. Ao longo do mes de novembro escolares do CEIP Balaídos, CEIP Emilia Pardo Bazán, CEIP Mestres Goldar, CEIP Ramón y Cajal, CEE Saladino Cortizo e EEI Monte da Guía elaboraron con grandes doses de creatividade unhas colchas solidarias que van a presentar no evento do domingo. A partir de aí, comezará unha poxa na que todo o público está invitado a participar co fin de enviar o máximo diñeiro posible aos campamentos de Tinduf. Para completar os festexos tamén haberá chocolatada e sorteos.
BALLET CLÁSICO DE CUBA – Domingo ás 19:00 no Mar de Vigo – Desde 33,00€
A Gran Suite de Nadal é un espectáculo para toda a familia, na que se recrean os momentos máis bonitos e máis coñecidos do lago dos cisnes, A Bela Dormente e O Crebanoces. Acompañarannos personaxes de Caperucita Vermella, O gato con botas, Cincenta, O reino dos doces, O valse das flores, o pérfido Cisne Negro e o Bufón máis divertido de Palacio. Todo iso en versión da mítica Alicia Alonso e con 36 bailaríns en escena.