REVISTA ABRIL

Xacobeo Importa traerá a Christian Löffler á Sala Mondo

O ciclo de concertos Galicia Importa regresa na súa 10ª edición e coincidindo co Xacobeo 21-22 recupera o nome de Xacobeo Importa, do mesmo xeito que no último Ano Santo 2010, para ofrecer concertos internacionais repartidos por distintas cidades da xeografía galega. A parada en Vigo será o 25 de novembro, na Sala Mondo, coa actuación de Christian Löffler.

El artista alemán de techno ambiental Christian Löffler.

Este domingo 7 de novembro arrinca a programación Xacobeo Importa co concerto de Efterklang en Santiago de Compostela. O 9 de novembro a solista de jazz Cécile McLorin Salvant chega ao Auditorio Afundación de Pontevedra. O 25 de novembro o protagonista será o alemán Christian Löffler, na Sala Mondo de Vigo e ata o Teatro Principal de Ourense chegará a banda americana Cracker, co seu concerto programado para o 4 de decembro.

REVISTA ABRIL

Christian Löffler está considerado un dos produtores de techno máis sutiles do mundo, experto en crear paisaxes e sensacións a través dos sons repetitivos. Na súa música mestura euforia e melancolía e logra evocar as paraxes inhóspitos do Mar Báltico, esa xeografía do nordeste xermano onde creceu. Presentará os seus dous últimos discos, Lys (2020) e Parallels (2021), este último unha homenaxe experimental e electrónica a Beethoven

O Ciclo Galicia Importa naceu en 2008 co obxectivo de achegar a Galicia recoñecidos artistas internacionais referentes nos seus respectivos estilos e poñer a nosa comunidade dentro do circuíto de xiras internacionais. Nos seus anos de traxectoria achegou a Galicia a auténticas lendas da música contemporánea como Alice Cooper, Joan Baez, Lucinda Williams, Ronnie Spector, Steve Vai, Ron Carter ou Mavis Stapples.

As entradas para todos os concertos están xa dispoñibles en Ataquilla.

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.