CAMELIAS MASCOTAS

Volve a carreira Coruxo Móvese en formato online

A Coruxo Móvese, unha das carreiras máis inclusivas do país, volve ter lugar, pero cambiando o campo do Vao por Internet. Unha andaina que será virtual, desde o luns 31 de agosto ata o sábado 5 de setembro, onde podes acumular kms polo percorrido que desexes.

Imaxe dunha edición pasada da carreira | Coruxo Móvese

Moitos eventos están a cambiar os seus formatos para adaptalos a esta nova normalidade que nos toca vivir. É o caso da carreira Coruxo Móvese, que este ano opta por unha edición online no que sería o seu sétimo ano de vida.

O procedemento é sinxelo: a andaina será virtual, é dicir, que cada persoa que queira participar pode realizar o percorrido que desexe entre os días 31 de agosto e 5 de setembro. Eses quilómetros acumulados poderalos subir a unha ligazón que a organización che facilitará no seu momento.

REVISTA NOVEMBRO

O obxectivo e conseguir a maior cantidade de quilómetros posibles entre todas as persoas participantes nesa semana. O sábado 5 de setembro terá lugar a recollida da camiseta e da bolsa de obsequios no campo de fútbol de Fragoselo, seguindo o protocolo de seguridade ao cen por cen.

A inscrición xeral será de 10€, e se queres que che envíen a camiseta ao teu domicilio a cuota ascende a 15€. Poderás inscribirte a través deste enlace. Desde a organización recomendan realizala o antes posible se tes a intención de participar, para poder preparar todo da mellor forma posible.

Lembrar que a Coruxo Móvese é un evento solidario que busca recaudar fondos para a fundación Isidre Estévez, que axuda a decenas de persoas con dicapacidade a realizar actividade física que lles permita ser o máis autónomos posible. Un destes centros de adestramento é o iFit Center (do que podes coñecer máis información neste artigo da revista de xaneiro), que está situado no propio campo do Coruxo.