CAMELIAS MASCOTAS

Vive Nigrán segue sumando artistas ao seu cartel: Niña Polaca, Colectivo da Silva e Karavana

A sexta edición do festival xa toma forma cos novos confirmados Niña Polaca, Colectivo da Silva e Karavana. Únense a artistas como Rigorberta Bandini, La Bien Querida ou Iván Ferreiro para os vindeiros 15 e 16 de xullo. Xa podes mercar aquí as entradas.

Novas incorporacións de artistas únense á sexta edición do festival Vive Nigrán. Niña Polaca, Colectivo Da Silva e Karavana acompañarán aos xa confirmados Rigoberta Bandini, Iván Ferreiro e La Bien Querida. Cunha programación variada e para todas as idades, o festival volve os días 15 e 16 de xullo no Monte Lourido, un entorno privilexiado xunto a Playa América. e volven a apostar por un festival do festival co público de pé .

O venres 15 de xullo, o grupo andaluz Colectivo Da Silva e Karavana precederán ao espectáculo de Iván Ferreiro. Colectivo Da Silva mostra nas súas letras, reflexións sobre o día a día da súa xeración, mesturando rebeldía pop, festa cun estilo naif e toques de ironía xuvenil. Seguindo con esta primeira xornada, estará sobre os escearios o cuarteto Karavana, cun directo cheo de enerxía. Iván Ferreiro será o último artista ata agora por confirmar para este día, repasará os seus grandes éxitos con Piratas e en solitario dentro dunha xira moi especial.

Na xornado do sábado 16 de xullo, Niña Polaca subuirá ao escenario, igual que Rigoberta Bandini e La Bien Querida. Formada en 2018, a banda madrileña Niña Polaca, ofrecenos un paseo polo Madrid dos 80 a través das súas cancións pop con toques indie-rock. Presentarán no Monte Lourido o seu segundo álbume. A solista vasca chegará coa súa banda La Bien Querida para cantar éxitos como ‘Dinamita’, ‘Muero de amor’ ou ‘De momento abril’. A cantante de xa todo un himno co seu ‘Ay mamá’, Rigorberta Bandini sumarase neste día tan especial, unha artista xa posicionada a nivel internacional.

REVISTA NOVEMBRO

Os abonos (50 € + gastos) e as entradas para o vernes e sábado (25€ + gastos) xa está á en vivenigran.com Ataquilla.com. Os menores de 12 anos (inclusive), acompañados dun adulto, dispoñen de entrada gratuíta. Por control de aforo é necesario sacar igualmente unha entrada específica a través de Ataquilla.

VIVE NIGRÁN é moito máis que un festival de música, busca a integración co entorno e o patromonio que os rodea. É por iso que se incluirán actividades complementarias no programa con propostas para todos os públicos, a través de accións de VIVE SOSTIBLE, VIVE PATRIMONIO, VIVE IGUALDADE E VIVE ACTIVO coa colaboración do Concello de Nigrán, o apoio de Vibra Mahou e a plataforma musical de Mahou Cinco Estrellas.

Se quedaches con ganas de máis música, estes son algúns dos festivais galegos dos que xa coñecemos parte do seu cartel e as datas de celebración:

  • FIV de Vilalba (22-24 de abril, Vilalba): Sen Sera, Viva Suecia, Natallia Lacunza, La La Love You, Rufus T. Firefly e Cupido
  • PortAmérica (2-3 de xuño, Portas):  Andrés SuárezBaiucaCoque Malla, Delaporte, El Columpio Asesino, La La Love You, Lori Meyers, Mikel Erentxun, Natalia Lacunza, Rozalén e Viva Suecia.
  • Resurrection Fest (29 de xuño – 3 de xullo, Viveiro): Avenged Sevenfold, KoRn, Judas Priest, Deftones, Sabaton, Bring Me The Horizon, Rise Against, Mastodon, Opeth e Bullet For My Valentine.
  • The Wild Fest (8-10 de xullo, Vigo)
  • Atlantic Fest (15-17 de xullo, Vilagarcía de Arousa): Andrés Calamaro, Fangoria e Las Nancys Rubias, Los Planetas, Maria Arnall i Marcel Bagés, La casa azul, Rojuu, Los hermanos Cubero, El último vecino, Depresión sonora, Kora, Las dianas e Rocío Saiz
  • 17 Ribeira Sacra Festival (29-31 de xullo, Ribeira Sacra): Teenage Fanclub, Lola Marsh, Maika Makovski, Amorante e Fábrica de Espejos
  • SonRías Baixas (4-6 de agosto, Bueu): Kase.O Jazz Magnetism, Rayden, Arnau Griso, Balkan Paradise Orchestra, Buhos e García Mc & Nación Quilombo
  • Revenidas (7-11 de setembro, Vilaxoán de Arousa): Baiuca, Zoo, SFDK, Lendakaris Muertos, Dubioza Kolektiv e Ladilla Rusa.