VIALIA
GIRANDO POR SALAS

Vigo Histórico busca nome para unha céntrica praza de Vigo

A praza do chafarís do Paseo de Alfonso non ten nome e a asociación Vigo Histórico está a impulsar unha campaña para bautizala coa axuda da cidadanía.

A praza con fonte, xunto á Oliveira e o Paseo de Alfonso é unha das máis concorridas da cidade, especialmente nos días de sol, cando os vigueses achéganse a algunha das súas terrazas ou contemplar o por do sol sobre a ría desde o seu mirador panorámico. Aínda que custe crelo, ese recuncho tan querido non ten nome e Vigo Histórico quere porlle remedio.

A asociación, que está detrás das protestas polo proxecto do túnel que atravesa a zona por abaixo, acaba de lanzar unha consulta unha proposta participativa para porlle nome a este lugar. Desde a asociación suxírense os seguintes nomes: Praza do Baluarte, para poñer en valor os restos históricos descubertos na zona; Praza do Solpor, porque non hai sitio mellor para gozar do atardecer; Praza da Oliveira, unha chiscadela ao símbolo por excelencia da cidade; Praza da Fonte, en recordo á súa orixe humilde, como punto de descanso e encontro; e Praza da Dilixencia, facendo memoria de cando era o lugar de chegadas e despedidas da cidade.

REVISTA ABRIL

A votación está aberta a través dun grupo de Facebook, accesible a través do perfil de Vigo Histórico nesta rede social. Ademais de votar por algunha das propostas, tamén se poden facer suxerencias propias e engadilas á lista de candidatas, así como participar no foro.