CAMELIAS MASCOTAS

Vigo estalará en cores coa Holi Run

Volve unha das carreiras máis divertidas do calendario. A Holi Run xa ten nova data en Vigo, será o vindeiro 13 de maio para encher de cor a primavera.

REVISTA NOVEMBRO

Imaxe da edición pasada da Holi Run en Vigo | @holilife

Deporte, alegría, felicidade, música e moita cor son os ingredientes da Holi Run que repite en Vigo o domingo 13 de maio. O de menos, nesta carreira de 5 km no entorno de Samil, son os tempos. O importante é pasalo ben e por iso o percorrido pódese facer camiñando, correndo ou incluso bailando. O único requisito para participar é ir vestido de branco. Por cada quilómetro completado os corredores serán cubertos cunha ráfaga de cor en po, de maneira que todos rematarán a carreira multicolor.

Esta festa está inspirada na Holi ou Festival das cores indio, que se celebra ao comezo da primavera. Os obxectivos deste evento son dous: mover o corpo e celebrar a alegría. Por iso, despois da carreira terá lugar a Holi Boom, unha gran festa na que a música e por suposto as cores serán protagonistas.

As inscricións abriron hoxe mesmo e para celebralo dende o Facebook da Holi Run están a sortear 10 dorsais. Podes participar neste enlace.