VIALIA
bannerPicnicSesions

12 carreiras forman o circuíto Run Run Vigo

Coa Subida ao Castro terá lugar o pistoletazo de saída do circuíto de carreiras local Run Run Vigo, este ano composto por 12 probas entre as que se atopan a Vig-Bay, Carreira Nocturna San Xoán ou Vigo Contra el Cáncer.

REVISTA ABRIL
Unha participante da carreira 10K de Teis en 2020 | Run Run Vigo

Un dos propósitos de aninovo máis comúns é o de facer máis deporte ao longo do ano. O circuíto Run Run Vigo pon en bandexa 12 carreiras de distancia e dificultade variable para poñernos a proba a nós mesmos. A maioría dos eventos, espallados ao longo do ano, agrúpanse en primavera e outono: abril, xullo, agosto e setembro son os únicos meses sen a súa proba deportiva.

O circuíto comeza este mesmo mes, o 29 de xaneiro, coa Subida ao Castro, unha carreira curta pero esixente, xa que consiste en coroar a fortaleza viguesa desde a parte baixa da cidade. As carreiras do Calvario (26/2) e Teis (12/3) anteceden a proba con máis sona, a Media maratón Vig-Bay, que terá lugar o 26 de marzo. A lista continúa coa Carreira Praia de Samil (17/5), Carreira da Cereixa (04/06) e dúas nocturnas, Correndo por Vigo (10/6) e San Xoán (23/6). Despois de verán teremos a Vigo Contra el Cáncer (15/10), a Media Maratón (5/11), Vigo +11 (12/11) para pechar o ano coa Carreira Solidaria Érguete e Corre (10/12).

LISTA DAS CARREIRAS CO CIRCUÍTO RUN RUN VIGO

  • 29/01 – Subida ao Castro
  • 26/02 – Carreira do Calvario
  • 12/03 – Carreira Popular 10k de Teis
  • 26/03 – Media Maratón Vig-Bay
  • 17/05 – Carreira Praia de Samil
  • 04/06 – Carreira da Cereixa
  • 10/06 – Carreira Nocturna Correndo por Vigo
  • 23/06 – Carreira Nocturna San Xoán
  • 15/10 – Vigo Contra el Cáncer
  • 05/11 – Media Maratón de Vigo
  • 12/11 – Vigo +11
  • 10/12 – Carreira Solidaria Érguete e Corre