REVISTA ABRIL

As carreiras da Run Run Vigo xa teñen datas

O circuito de carreiras da cidade, Run Run Vigo ten previsto celebrar 11 competicións este ano, dúas máis que na súa anterior edición, en 2019, e récord histórico do programa. A inscrición xa está aberta para a Subida ao Castro, que se celebra este domingo, e a Calavario 5+5, que terá lugar o 13 de febreiro.

REVISTA ABRIL

A primeira carreira do ciclo preferido dos corredores populares será este domingo, 30 de xaneiro e trátase da Subida ao Castro, unha proba con só 3 km de percorrido, pero unha forte pendente de 135 metros, o que a convirte nunha competición esixente. A proba sae de Montero Ríos e ten a liña de meta na fortaleza do Castro. A inscrición está aberta ata o venres na plataforma Laptime, tanto na categoría absoluta como na infantil.

Calavario 5+5 será a segunda carrereira no calendario Run Run, celebrarase o 13 de febreiro. A saída da proba será na rúa Jenaro de la Fuente, e os corredores poderán escoller se dan unha (5km) ou dúas (10km) voltas ao circuíto preparado no barrio. Haberá tamén carreiras de promoción para menores que se desenvolverán a partir das 10h na peonil do Calvario de diante do Mercado e serán gratuítas. A inscrición para todas as categorías está xa aberta e debe facerse nesta ligazón.

Outras nove carreiras populares terán lugar entre marzo e decembro nas seguintes datas: 10km de Teis, o 6 de marzo; Vig Bay, o 10 de abril; Carreira da cereixa, o 29 de maio; Correndo por Vigo, o 11 de xuño; Nocturna de San Xoán, o 23 de xuño; 10 km Berbés, o11 de setembro; Vigo contra el cáncer, o 16 de outubro; Vigo +11, o 13 de novembro e Érguete e corre, o 11 de decembro. En total, máis de 100 quilómetros polos diferentes barrios de Vigo (Coia, Teis, Calvario, Berbés, Beade, Marcosende, Coruxo…) e os seus arredores.